En seis anos, o Comité de Empresa, a instancias da CIG, xa debeu acudir unhas tres veces á Inspección de Traballo para que o Concello de Betanzos lle facilitase unha información que por lei lle corresponde e que o propio asesor xurídico do Concello indicou que se debería entregar de xeito mensual.
No ano 2018 seguimos nas mesmas e o Concello adebédalle información de varios meses ao Comité de Empresa e négase a informalo como corresponde. O Comité fixo unha vez máis a solicitude correspondente e se, unha vez máis, o goberno municipal do PSOE se nega a entregarlle esta información verase na obriga de volver á Inspección para requirir a documentación; mais que o haxa que facer non significa outra cousa que esta actitude demostra unha falta de comunicación gravísima no que a esta cuestión atinxe cos representantes dos traballadores, que teñen que ir á Coruña, ao despacho duns inspector, para que un representante do Concello vaia ao mesmo sitio e lles entregue alí a documentación. É ou non é ridículo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario