Non é a primeira que neste Concello hai compañeiros e compañeiras que se achegan aos delegados de cara a comprobar o cobro correcto da súa nómina e descubrimos abraiados como non todo o persoal cobra segundo o sistema retributivo do convenio, se nos referimos ao persoal que ten un posto contemplado na Relación de Postos de Traballo vixente, e igualmente, como o persoa ao abeiro de subvención tampouco ten un criterio único nos conceptos que compoñen a súa nómina, senón diversos criterios que atenden a razóns que nalgúns casos parecen, cando menos, de dubidosa obxectividade.
As reclamacións por parte do Comité de Empresa en materia de retribucións veñen de vello e foron especialmente numerosas o ano pasado cando o Concello tentou aprobar unha nova Relación de Postos de Traballo que consolidaba discriminacións históricas e realizaba subas de salario inxustificadas. Nunca, e xa vai case un ano, o Concello foi quen nin sequera de lle responder ás reclamacións do Comité de Empresa e con responder, xa non se agardaba unha posible solución, senón unha resposta que defendese o texto que presentaban, mais iso nunca aconteceu e levounos a pensar o que sospeitabamos, ou, polo menos, sospeitamos ata que o Concello responda a moitas das reclamacións efectuadas en materia de retribucións, que neste Concello non hai, en moitos casos, un criterio obxectivo no pagamento das retribucións.
No caso do cobro da paga extra, a pesar de que o goberno do Estado nos roubase a paga extra do mes de decembro de 2012, xa con anterioridade, en agosto do ano 2012, o Comité de Empresa lle fixera ao Concello unha solicitude de documentación nunca entregada que nos fixo sospeitar que algún problema había con esta e efectivamente, o cobro da paga extra vén regulado no artigo 22 do Convenio colectivo e logo de observar que hai compañeiros que semellan non cobrar o que lles corresponde na paga e á vista de que este mes cobrarase coa nómina a extra do mes de xuño o Comité, por inciativa da CIG presentoulle unha nova solicitude ao Concello para que lle facilite a documentación requirida en
agosto de 2012 con respecto ao complemento extra das pagas de cara a
comprobar a aplicación do artigo 22 do convenio colectivo no
conxunto do persoal laboral do Concello de Betanzos, para que o Concello informe sobre o motivo da non
aplicación do artigo 22 do convenio colectivo, no que ten que ver
co cobro da paga extra, a diversos traballodores e que, no caso de efectivamente existir un agravio discriminatorio, se
corrixa de inmediato e se reflicta xa no cobro da paga extra do mes
de xuño dos traballadores afectados.
Debido a isto, consideramos que non está demais lembrar o que indica o convenio colectivo con respecto ás retribucións da paga extra de cara a comprobar a próxima nómina e efectuar a reclamación correspondente no caso de haxa máis persoal na mesma situación.
Art. 22 Convenio colectivo persoal laboral Concello de Betanzos
“Todo o persoal terá dereito a duas pagas extraordinarias que se
abonarán co salario mensual de xuno e decembro.
A contía de cada unha das pagas será igual a unha mensualidade do
salario segun o artigo anterior, prorrateado polo tempo de servicio
prestado.
Recoñecese para o persoal laboral, o incremento nas pagas extraordinarias, previsto no Acordo de modernización e mellora Administración -Sindicatos, de 15 de novembro de 2002 (BOE do 18), na contía determinada no capitulo XIX, do titulo VI, adaptándose as categorías do presente convenio segun se dispon no anexo y. Este incremento verase incrementado anualmente segun corresponda na ley de presupostos.”
GRUPO COMPLEMENTO PAGAS (cada paga)
1................................. 490,00 euros
2................................. 379,43 euros
3................................ 293,11 euros
4................................. 249,92 euros
5................................. 179,27 euros
