Diario
Oficial de Galicia nº 103 de data 31/05/2013
1
- ORDE do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a
adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material
didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en
educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación
especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar
2013/2014.
O
prazo de presentación de instancias será o seguinte:
a)
Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de
xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
b)
Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a
matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013,
ambos inclusive.
c)
Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a
matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro
de 2013, ambos inclusive.
d)
Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do
curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo
curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro
sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o
prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da
formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a
solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31
de marzo de 2014
Para
acceder o DOG de 31 de maio de 2013, prema AQUI
Ningún comentario:
Publicar un comentario