O obxectivo da campaña é
incrementar o máis posible a mellora da información que debe
figurar nos distintos campos do parte de accidente de traballo, para
conseguir que sexa real, veraz e o máis comprensible posible.
campaña consiste
en poñer en común o coñecemento da problemática dos partes de
accidente por parte dos graduados sociais e por parte do ISSGA, na
busca de mellorar os puntos críticos.
Para isto, traballaron
conxuntamente na elaboración dun tríptico e dun cartel, nos que se
recollen os puntos de especial interese para a mellora da calidade da
información dos partes de accidente de traballo.
A tramitación dos partes
de accidentes de traballo realízase polo ISSGA: recepción do parte,
verificación da súa exactitude, requirimento de emenda e de ser o
caso rexeite.
Os apartados con maior
inexactitudes, con máis erros ou con maior incoherencia con outros,
son os que figuran no tríptico e no cartel: lugar do accidente, tipo
de accidente (“en misión” e “in itinere”), peculiaridades se
é un accidente no estranxeiro ou a bordo dun buque no mar, etc.
Tamén son importantes a coincidencia de horas e datos coa demais
documentación que se xere ademais do parte, que sexa entendible a
descrición do accidente e coherente cos danos e lesións producidas
e os axentes causantes, así como a identificación do axente
material.
Issga17 PartesTrabajoV11 GAL by cigconcellobetanzos on Scribd
Issga17 PartesTrabCartelV4 GAL by cigconcellobetanzos on Scribd