14 de decembro
21 de decembro
4 de xaneiro
11 de xaneiro
O Concello puxo enriba da Mesa que no proceso de negociación houbese un reparto da Mesa Xeral de Negociación no que o 33% do voto fose dos representantes dos traballadores, o 33% do goberno municipal e o 33% a empresa contratada para a elaboración da Relación de Postos de Traballo. A CIG xa anticipou que de isto votarse na primeira reunión votaría en contra porque a Mesa Xeral de Negociación ten unha composición cunhas porcentaxes que veñen dadas polos resultados das eleccións sindicais e a patronal ten o 50% e o outro 50% e dos traballadores, coa representantividade que ten cada sindicato e iso non se pode alterar. A proposta do goberno suporía quem na práctica o goberno tería o 66% do voto, posto que o Concello é o que lle paga á empresa, que é un dato moi relevante. O resto dos sindicatos apoiaron o manifestado pola CIG polo que entendemos que finalmente o Concello deixará a Mesa de Negociación tal e como está.
A seguir, a empresa procedeu a facer unha presentación do novo borrador da Relación de Postos de Traballo, unha presentación que consideramos incompleta na medida en que intenta "vender" as bondades dun documento con moitas modificacións en detrimento dalgunhas condicións laborais que son agochadas nun documento que é necesario analizar polo miúdo, posto que se fala, por exemplo, das subas de nivel, mais non das baixadas de grupo, non se mencionan novas baixadas con respecto ao primeiro borrador e incídese nos datos do persoal que máis cobra, especialmente funcionario, cando a realidade, especialmente do persoal laboral, é outra.
Para finalizar o concelleiro de Persoal anticipou que nas vindeiras semanas se reunirá a Mesa Xeral de Negociación para a aprobación da Oferta de Emprego Pública do ano 2017, o acordo dun novo regulamento de axudas sociais do Concello de Betanzos e comezarmos a falar do proceso de consolidación do persoal laboral. Tamén nesa mesa explicarán polo miúdo a implantación do contro de presenza que se implantará a partir do mes de xaneiro, e que será por pegada dixital ou iris do ollo.
Con respecto a este último tema afondou en que haberá 8 puntos de acceso ás dependencias nos que haberá cámaras que eviten a fraude na fichaxe e que o persoal que traballa en sitios itinerantes terá un punto de acceso comodín na Oficina Municipal de Información Xuvenil, por exemplo. O persoal de axuda a domicilio, á súa vontade poderá instalar un xeolocalizador no móbil, de non decidir instalalo poderá fichar nas distintas dependencias antes de ir aos domicilios. No caso de protección civil e tendo en conta que só son 3 traballadores, ficharán no computador da oficina. Tamén informou que darán de alta todas as cámaras nos rexistros pertinentes e serán exclusivamente de gravación interna e que se disporá dun portal do empregado nos que os traballadores poderán realizar os trámites de solicitudes de permisos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario