Os datos recollense nun
estudo presentado no mes de novembro na conferencia "Traballo y
cancro", e teñen en conta os custos directos dos sistemas
sanitarios dos Estados membros (relacionados co tratamento médico),
custos indirectos para os traballadores e os empresarios (asociados a
perdas monetarias por cesación do traballo) e os custos humanos para
as vítimas (impacto na calidade de vida dos traballadores e as súas
familias). Os custos cífranse entre entre 270.000 e 610.000 millóns
de euros, o que representa do 1,8% ao 4,1% do producto interio bruto
da Unión Europea.
"Con máis de 100
000 mortes por ano, os cancros ocupacionais son a principal causa de
morte na UE. Este estudo amosa que o custo social dos cancros
relacionados co traballo é tremendo. Son os traballadores e as súas
familias quen soporta a maior parte dos custos. Esta situación
inxusta é social e economicamente inaceptable, e a UE debe tomar
medidas para poñer fin a estes cancros prevenibles ", comenta
un experto en riscos químicos do Instituto Sindical Europeo
(ETUI). O informe foi realizado (a instancias da ETUI)
por consultores especializados na avaliación de riscos químicos
que examinaron a exposición dos traballadores/as a 25 axentes
carcinoxénicos e diveras situacións de traballo (por exemplo,
amianto, benceno, sílice, traballo nocturno ou traballo por quendas,
emisións de motores diesel).
Ligazón ao estudo O custo docancro ocupacional na EU-28 (en inglés).
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario