b)
Os trienios, consistentes nunha cantidade igual para cada subgrupo,
ou grupo de clasificación profesional cando este non teña subgrupo,
por cada tres anos de servizo no subgrupo ou grupo profesional
correspondente.
Para
estes efectos computaranse a totalidade dos servizos prestados
mediante relación laboral ou estatutaria en calquera Administración
pública.
No
caso de que o/a traballador/a preste os seus servizos sucesivamente
en diferentes grupos profesionais, terá dereito a seguir percibindo
os trienios devengados en grupos anteriores. O cómputo da fracción
para completar un trienio no grupo dende que se promociona valorarase
a favor do grupo superior acadado.
A raíz da entrada en vigor deste documento, varios traballadores solicitaron este recoñecemento e Concello xa está a responder de xeito favorable ás peticións, polo que animamos ao resto do persoal que prestase servizos noutras administracións públicas que solicite individualmente o recoñecementos para os efectos dos trienios ao que temos dereito desde o pasado 7 de abril de 2017.
Ningún comentario:
Publicar un comentario