28/12/11

O Concello continúa a ocultar información

Na liña seguida nos últimos meses polo goberno municipal de ocultación da información solicitada continuamente polo Comité de Empresa por escrito e mais en diversas reunións co concelleiro de Persoal, o Concello resolveu as axudas sociais do ano 2010 sen nin sequera informar ao Comité de Empresa, tal e como contamos hai uns días, e incumprindo as bases das axudas sociais aprobadas polo propio pleno, por iso, hoxe mesmo a CIG solicitou por rexistro que se fagan públicas as listaxes das axudas sociais concedidas, e que se indique, cando menos, o concepto e a contía concedidos, tal e como se recolle nas propias bases acordadas por acordo plenario.

Esta solicitude, ao igual que hai uns días fixemos unha vez que foron resoltas as axudas do funcionariado, realizouse ao abeiro dos seguintes feitos:

A constancia de que o persoal laboral cobrou as axudas sociais correspondentes ao ano 2010 xunto coa paga extra e nómina do mes de decembro.

Que o acordo de axudas sociais aprobado polo pleno da Concello de Betanzos do 23 de marzo do ano 2001, indica o seguinte no punto 4:

“As condicións, prazos de solicitude, listas provisionais e definitivas, deberán expoñerse en todos os departamentos, unidades e servizos co fin de darlle a maior difusión entre o funcionariado”.

Que na reunión a que o Comité de Empresa foi convocado o día 4 de outubro con motivo da proposta de concesión das axudas sociais, o Concello comprometeuse a cumprir as bases no que respecta a procedemento, a publicar unhas listaxes provisionais e abrir un prazo de achega da documentación que faltase, notificarlles ás persoas interesadas o prazo de emenda de erros e publicar posteriormente as listaxes definitivas en todos os taboleiros dos distintos departamento.

Que o Concello de Betanzos incumpriu as bases aprobadas polo Pleno posto que non se fixo publicidade das listaxes das axudas concedidas e denegadas e o persoal non ten coñecemento da cantidade concedida ou denegada ao non ter ningunha comunicación nin dispor da nómina correspondente.

Dende a Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos seguimos sen entender a que se debe esta actitude do goberno municipal e esta ocultación de información que debe estar dispoñible para todo o persoal, se o Concello non agocha nada baixo as concesións ou denegacións (no caso de que as haxa) das axudas sociais tanto para o persoal laboral como para o funcionariado é incomprensible que non publique cando menos os conceptos, as contías, uns prazos de reclamación etc como recollen as propias bases.

Esta tipo de situacións levan meses a repetirse e foron postas en múltiples ocasións en coñecemento do goberno municipal a través do Comité de Empresa sen que o Concello amose ningunha vontade por solucionalas.


23/12/11

Axudas sociais 2010

Parece ser que coa nómina do mes de decembro e a paga extra pagáronse as axudas sociais do ano 2010. O caso é que unha vez máis o Concello volve sobre vellas fórmulas que esquecen os procementos aprobados polo propio pleno e nin informa aos representantes dos seus traballadores, nin aos propios traballadores, nin publica as listaxes nin ofrece un prazo de reclamacións. É dicir, incumpre todo o acordado na reunión a que foi chamado o propio Comité con motivo das axudas sociais e mais o acordado nas bases das axudas sociais aprobadas polo pleno.

Dende a CIG do Concello de Betanzos queremos denunciar publicamente o escurantismo nos procementos administrativos do Concello que lle afectan ao persoal e o total desprezo pola representación dos traballadores que demostra o Concello, ao que se lle preguntou en múltiples ocasións polo tema e sobre o que nunca se obtivo resposta cando a decisión acaban de demostrar que xa estaba tomada.

Non entendemos a que se debe esta actitude cando simplemente o Comité de Empresa pide información sobre procedementos que segundo o convenio aprobado hai xa seis anos polo propio Concello lle competen. O Comité de Empresa entrégalle ao Concello todo o que este solicita, mesmo certificacións dos acordos do Comité, mais o Concello non é quen de informar nin sequera verbalmente á representación do persoal das decisións que toma e que lle afectan aos traballadores.

Nos vindeiros días dende a CIG do Concello de Betanzos decidiremos os pasos que debemos seguir con respecto a esta e outras situacións que se veñen dando nos últimos meses.

A avanzar

Grazas ao traballo feito estes meses pola CIG no Comité de Empresa seguimos a avanzar e a conseguir pequenos avances que nunca antes os anteriores comités acadaran.

Hai uns días o Concello entregounos as chaves dun local que nos facilita para o Comité de Empresa. O pasado mes de xuño o Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, solicitaba un local para poder realizar as reunións e onde os traballadores puidesen acudir a realizar as súas consultas. Grazas a ter este espazo o propio Comité non terá que solicitar máis un local para realizar as súas reunións ordinarias e extraordinarias e haberá un lugar de referencia para o persoal onde contactar cos delegados e delegadas sindicais.

Agradecemos este xesto do Concello e agardamos que sexa un primeiro paso que amosa a boa vontade de negociación do Concello coa representación do persoal que nos últimos meses, dende a conformación do novo Comité, non existiu. Este xesto facilitará o traballo do Comité e permitirá que por primeira vez este teña un lugar onde recibir os traballadores e onde estes teñan unha referencia dos seus representantes sindicais.

Aviso!

Nestes días os delegados e delegadas da CIG achegamos a proposta do convenio aprobada no Comité a todo o persoal dos distintos departamentos. Algúns compañeiros xa nos fixeron as súas achegas a este texto, mais queriamos avisar de que se algún ou algunha de vós non tedes a proposta podedes porvos en contacto connosco a través do enderezo electrónico cigconcellobetanzos@gmail.com ou persoalmente con calquera dos delegados para solicitar unha copia da proposta.

Agradecemos o bo recibimento que está a ter este texto elaborado con base na proposta da CIG e que nada ten que ver con vellas propostas anteriores que intentaban negociar de costas ao persoal e sen que este tivese o texto nas súas mans.

Dende a CIG do Concello de Betanzos pretendemos con isto cumprir os compromisos de traballo que nos facilitaron a posibilidade de ter representación neste Concello e facer partícipe ao persoal dos asuntos que lle afectan directamente.

21/12/11

Felices festas!



Dende a Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos queremos desexarmos unhas moi felices festas e un próspero aninovo no que poidades cumprir todos os vosos soños e ilusións.






20/12/11

Última hora: aprobada por unanimidade a proposta definitiva de convenio

Hoxe, martes 20 de novembro, o Comité de Empresa vén de aprobar por unanimidade a proposta definitiva de convenio que se achegará aos traballadores e se presentará con posterioridade nas negociacións ao Concello.

Esta proposta, baseada no texto achegado pola CIG ao Comité de Empresa, e consensuada no máximo órgano de respresentación do persoal laboral do Concello de Betanzos, será achegada nos vindeiros días a todos os departamentos municipais para que poidan facer as súas achegas de cara á asemblea xeral de traballadores programada para o vindeiro xoves 29 de decembro ás 20:00 h na Biblioteca do Centro de Formación Ocupacional.

Con este traballo a CIG consigue achegar un texto no que levamos meses a traballar e no que se encontran achegas de diversos departamentos do Concello. Intentamos adecuar o marco normativo máis próximo para os traballadores á lexislación actual e marcar as pautas para intentar acabar coas discriminacións en que o Concello incide nas últimas Resolucións ao se basear, en moitas ocasións, no convenio vixente na actualidade.


A asemblea xeral de traballadores que terá lugar a semana que vén será a primeira convocada polo Comité de Empresa e terá como principal punto da orde do día o novo convenio, non obstante calquera tema que sexa de interese para os traballadores poderá ser tratado e acompañaranos o asesor da CIG Administración local da comarca da Coruña para solventar calquera dúbida.

Neste último paso de presentación do texto a todo o persoal agardamos a vosa colaboración e no caso de non poder asistir á asemblea podedes porvos en contacto connosco para facer as vosas achegas a través do noso enderezo electrónico cigconcellobetanzos@gmail.com ou comentándollo a calquera dos delegados e delegadas da CIG do Comité de Empresa.

15/12/11

Un paso máis: o Concello está a admitir os seus propios erros

Logo de que o Concello admitise a través dunha Resolución da Alcaldía que o persoal que non forma parte da RPT non pode ser discriminado na convocatoria das axudas sociais do ano 2011, O Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, rexistrou un escritou onde ao abeiro da argumentación xurídica do propio Concello na Resolución da Alcaldía solicita o seguinte:


1. Que se lle recoñeza a todo persoal non permanente o dereito a cobrar as axudas sociais do ano 2010, xa que ao se recoñecer o dereito de acceso ás do ano 2011 en base á lexislación vixente, supón unha discriminación esta distinción do dereito en función do ano da solicitude.


2.Que se lle recoñeza a todo o persoal non permanente o dereito a desfrutar dos días de asuntos propios recollidos no artigo 11.6 do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos.


3. Que se lle recoñeza a todo o persoal non permanente o dereito a cobrar os trienios correspondentes, recollidos no anexo I do Convenio colectivo do persoal laboral deste Concello, en función da antigüidade no Concello.


4. Ao abeiro da lexislación mencionada na resolución da Alcaldia só cabe interpretar o artigo 1 do conveno colectivo vixente no sentido de que o ámbito de aplicación do devandito convenio á totalidade do persoal laboral.


Esta solicitude fíxose ao abeiro desta resolución da Alcaldía con rexistro de saída do día 1 de decembro onde se recoñece o principio de non discriminación en función da relación contractual e tendo en conta que en diversos comunicados de resolucións da Alcaldía se discriminou a algúns traballadores do persoal laboral non permanente na proposta de concesión de axudas sociais do ano 2010, na concesión dos días de asuntos propios recollidos no convenio para o persoal laboral, e, igualmente, non se lle recoñece o dereito a cobrar os trienios recollidos no anexo I do Convenio do persoal laboral do Concello de Betanzos.


Na Resolución da Alcaldía utilizouse a argumentación xurídica que dende a CIG levamos meses en escritos e verbalmente nas reunións empregando e indicouse o seguinte:


“Fundamentos de dereito. Primeiro. O arto 15.6 do R.D. Lex. 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, establece:


Os traballadores con contratos temporais e de duración determinada terán os mesmos dereitos que os traballadores con contratos de duración indefinida, sen prexuízo das particularidades específicas de cada unha das modalidades contractuais en materia de extinción do contrato e daquelas expresamente previstas na Lei en relación cos contratos formativos e co contrato de inserción. Cando corresponda en atención á súa natureza, tales dereitos serán recoñecidos en disposicións legais e regulamentarias nos convenios colectivos de maneira proporcional, en función do tempo traballado.


Cando un determinado dereito ou condición de traballo estea atribuído nas disposicións legais ou regulamentarias e nos convenios colectivos en función dunha previa antigüidade do traballador, esta deberá computarse segundo os mesmos criterios para todos os traballadores, calquera que sexa a súa modalidade de contratación.


Pola súa banda, a Directiva 1999/7/CE do Consello, de 28.06.1999, relativa ao Acordo Marco da CES, a UNICE e o CEEP sobre traballo de duración determinada (DOCE n.º L 175 do 10.07.1999-0048), establece:


Principio de non discriminación (clásula 4) 1. Polo que respecta ás condicións de traballo, non poderá tratarse aos traballadores cun contrato de duración determinada dunha maneira menos favorable que aos traballadores fixos cmparables polo mero feito de ter un contrato de duración determinada, a menos que se xustifique un trato diferente por razóns obxectivas. 4. Os criterios de antigüidade relativos a determinadas condicións de traballo serán os mesmos para os traballadores con contrato de duración determinada que para os traballadores fixos, agás que os criterios de antigüidade diferentes veñan xustificados por razóns obxectivas.


O Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas, do 22 de decembro de 2010, resolvendo unha cuestión de prexudicialidade plantexada polos órganos xurisdicionais españois, conclúe que a devandita directiva é de aplicación ás condicións económicas entre traballadores fixos e indefinidos e ás relacións de traballo de duración determinada ou interinos.

Por conseguinte tense que concluír que non hai razón obxectiva, para excluír da percepción das axudas sociais convocadas, ao persoal con vínculo temporal con esta Administración local. Axudas que se teñen que percibir de xeito proporcional ao tempo traballado, computando como tal ata a data da finalización do contrato se esta é anterior ao 31 de decembro de 2011, e esta última data para o caso de contratacións con vencimento posterior á mesma.”


Animamos aos compañeiros e compañeiras que levan anos sendo discriminados implícita e explícitamente a que reclamen tamén individualmente estes dereitos que o Concello leva anos negándolles, que no caso do non pagamento dos trienios supón a perda duns cartos que segundo a lei lles pertencen e moito máis agora que o Concello recoñeceu que non se pode discriminar ao persoal en función da súa relación contractual.

Últimas novas

O pasado martes, 13 de decembro, tivo lugar a reunión ordinaria de decembro do Comité de Empresa, nesta, entre outras moitas cousas acordouse unha nova reunión extraordinaria para o martes da semana que vén onde se farán as últimas achegas á proposta do convenio e algúns dos anexos.


Igualmente, logo da proposta da CIG, o Comité de Empresa acordou convocar unha asemblea xeral de persoal laboral na que se falará da proposta de novo convenio para o vindeiro 29 de decembro que será convocada de xeito oportuno en todos os departamentos e unha vez que o Comité de Empresa aprobe a proposta de convenio definitiva. Este texto será entregado polo Comité de Empresa en todos os departamentos unha vez que estea aprobado polo Comité uns días antes da asemblea xeral para que todos os traballadores teñan coñecemento del e poidan achegar as súas súbidas ou suxestións nese encontro.


Esta primeira asemblea xeral, nun principio, será monográfica ao tratar o tema do novo convenio mais calquera tema que sexa de interese para os traballadores poderá ser tratado na quenda de intervencións, para o que nos acompañará o asesor da CIG-Administración local da comarca da Coruña.


Dende a Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos agradecemos todas as achegas que moitos traballadores e traballadoras nos levan facendo meses para o novo convenio e amosámonos satisfeitos porque o feito de que todo o persoal vaia ter acceso ao texto antes de ser negociado co Concello demostra que o noso xeito de traballar dista moito das formas amosadas por anteriores delegados que negociaban a porta pechada e de costas aos traballadores.


A proposta que a CIG presentou e que leva xa varios meses sendo negociada no propio Comité de Empresa é froito dunha reflexión sobre a precaria situación do persoal deste Concello en moitos aspectos que van máis aló do meramente económico. Nela reflíctense os compromisos de traballo que presentamos as eleccións sindicais e que apoiou a maior parte do persoal laboral do Concello ao nos dar a maioría dos votos, eses compromisos son a base do noso traballo dende que chegamos a este Concello e grazas aos que tanto mudou a transmisión da información a todo o persoal e a defensa dos traballadores ante un Concello afeito ao clientelismo e ao escurantismo en material laboral como cerne do seu xeito de proceder.

11/12/11

Incumprimentos do convenio actual: comisión paritaria

Hai xa varios meses o Comité de Empresa solicitou que se constituíse a Comisión Paritaria de seguimento do convenio colectivo que segundo o marco normativo debería estar constiuída a comezos de 2006. A día de hoxe seguimos sen resposta e as veces que se lle preguntou ao Concello cando tiña pensado constituíla non tivemos ningunha concreción.


A convocatoria desta Comisión é máis importante do que parece, posto que é o órgano encargado da interpretación do convenio na súa aplicación práctica, que ata o momento se vén facendo unilateralmente polo Concello e que repercute na discriminación que leva anos padecendo o persoal non permanente mais tamén en problemas de aplicación diferente entre o persoal que forma parte da Relación de Postos de Traballo, e ao que lle afecta en cousas tan básicas como a non redución horaria do verán ou o horario de entrada antes do establecido no convenio dalgúns departamentos que xa lle lembramos ao Concello en múltiples reunións.


O noso Convenio indica o seguinte:


Art. 7.º.-Comisión Paritaria de Seguimento do Convenio Colectivo.


1.-Constituirase unha Comisión Paritaria de Seguimento e Control, composta por dous representantes da Corporación, designados polo seu Presidente, e por dous representantes do Comité de Empresa, que contará cun secretario, funcionario designado polo Concello, quen actuara de fedatario con voz pero sen voto.


2.-Tal Comisión constituirase ós quince días da sinatura da aprobación do Convenio.


3.-A Comisión Paritaria de Control e Seguimento terá a función de interpretación do texto do Convenio, na súa aplicación práctica.


4.-Cada unha das partes poderá asistir cos seus asesores, e poderá nomear membros suplentes.

5.-Para que as sesións da Comisión Paritaria poidan celebrarse validamente será precisa a asistencia de, polo menos, un representante de cada parte así como a do secretario.

Reunión ordinaria do Comité de Empresa

O vindeiro martes teremos a reunión ordinaria do Comité de Empresa no Centro de Formación Ocupacional coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se proceder, da acta da sesión anterior
2. Axudas sociais: última información
3. Información das últimas reunións mantidas co Concello
4. Anexos do convenio
5. Proposta de convenio
6. Convocatoria de asemblea xeral
7. Quenda de intervencións


No momento en que o Concello lle facilite ao Comité de Empresa o local que lle prometeu en reiteradas ocasións ao longo destes seis meses, as actas de todas as reunións estarán no taboleiro para consulta de calquera persoa interesada. Igualmente intentaremos facer un arquivo coas gravacións das devanditas reunións.

07/12/11

A CIG solicita máis transparencia na concesión das axudas sociais 2010

Hoxe mesmo, a CIG solicitou por rexistro que se publiquen as listaxes das axudas sociais concedidas ata o momento da partida orzamentaria do ano 2010 en cumprimento das bases aprobadas polo Pleno e do compromiso do propio goberno na reunión a que o Comité de Empresa e os delegados do funcionariado foron convocados.


A Xunta de Goberno Local acordou “aprobar ou denegar as axudas sociais correspondente aos funcionarios segundo a proposta presentada, por un importe total de 10.931,55 euros, debéndose incluír os aboamentos nas nóminas do mes de novembro”, ademais temos constancia de que ao funcionariado se lle pagaron as axudas tal e como se nos informou a través dun comunicado de decisión da Xunta de Goberno Local con data de rexistro de saída do 29 de novembro.


Mais lembrámoslle que o acordo de axudas sociais aprobado polo pleno da Concello de Betanzos do 23 de marzo do ano 2001, indica o seguinte no punto 4: “As condicións, prazos de solicitude, listas provisionais e definitivas, deberán expoñerse en todos os departamentos, unidades e servizos co fin de darlle a maior difusión entre o funcionariado”.


A todo isto hai que engadirlle que na reunión a que o Comité de Empresa foi convocado o día 4 de outubro con motivo da proposta de concesión das axudas sociais, o Concello comprometeuse a cumprir as bases no que respecta a procedemento, a publicar unhas listaxes provisionais e abrir un prazo de achega da documentación que faltase, notificarlles ás persoas interesadas o prazo de emenda de erros e publicar posteriormente as listaxes definitivas en todos os taboleiros dos distintos departamentos mais finalmente o funcionariado cobrou as axudas sociais e nin antes foron publicadas as listaxes provisionais nin na nactualidade están publicadas as definitivas.


Dende a Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos non entendemos a que se debe tanto escurantismo con respecto á concesión das axudas sociais, e aínda que somos conscientes de que o Concello deu pasos adiante ao achegar a información dunha nova convocatoria aos distintos departamentos, logo de que a representación da CIG llo solicitase na primeira e única reunión a que o Concello nos convocou con respecto ao tema das axudas sociais, vímonos na obriga de solicitar por rexistro que o Concello cumpra os procedementos administrativos aprobados polo propio pleno hai dez anos e preguntámonos como é posible que unha Administración local non sexa quen de levar a cabo o que ela mesma aprobou hai unha década e publicar información básica e de interese para os traballadores nun acto de transparencia que, de non ter nada que ocultar, simplemente beneficiaría ao Concello e ao propio persoal.

05/12/11

Voceiro Impreso "Abrindo Camiños", decembro

Xa podedes consultar online o voceiro impreso correspondente o mes de decembro de 2011.

LinkABRINDO CAMIÑOS Nº10 DECEMBRO.
CLIC AQUÍ PARA ACCEDER A EL.

04/12/11

Dous días máis de asuntos propios (para algúns)

Segundo unha resolución da Alcaldía do día 22 de novembro todos os empregados municipais teñen dereito a dous días de asuntos propios máis, o concelleiro de Persoal uns días despois indicoulle á representación do Comité que o Concello entende que estes dous días a maiores son só para o persoal que está na RPT.


Ou sexa, os compañeiros que xa están discriminados porque o Concello lles nega o dereito o días de asuntos propios, agora aínda o están máis porque o que a Alcaldía resolve a maiores do convenio entende que é para quen ten o dereito segundo eles. Basicamente neste Concello hai empregados que o son para que lles baixen o soldo ou para remendar un roto ou descosido, mais logo non o son para cobrar as axudas sociais (agora depende do ano da solicitude), os trienios ou ter dereito aos días que recolle o Estatuto Básico do Empregado Público.


É posible que agora que está en marcha unha demanda que fai mención a estas discriminacións o Concello recúe nas discriminacións e a pesar dos informes en contra do secretario municipal haberá quen os faga agora a favor e chegará o sindicato minoritario no Comité e que nunca fixo nada para levar os méritos.


Mais o que consideramos importante dende a CIG é que realmente logo da resolución da Alcaldía que recolle que non se pode discriminar ao persoal non permanente da convocatoria das axudas sociais deuse un paso moi importante porque desmontaron o criterio polo cal lle negaban os trienios e mais os días de asuntos propios ao persoal á marxe da RPT. Se teñen dereito a axudas sociais porqué non a cobrar a antigüidade? Ao final ao Concello non lle está quedando máis remedio que admitir os seus propios erros e eses son os primeiros froitos do traballo da CIG dentro do Comité de Empresa.


Lembrade que os días do ano 2011 pódense desfrutar ata o 15 de xaneiro de 2012, e que as solicitudes, como calquera trámite na Administración, cómpre facelas por escrito, logo de dez días dende o rexistro o silencio administrativo é positivo.

Grazas por nos apoiar unha vez máis!

Dende a sección sindical da CIG do Concello de Betanzos querémoslle dar as grazas ao persoal que unha vez máis nos apoiou ao asistir á reunión informativa que tivo lugar o pasado 25 de decembro. Ficamos satisfeitos porque consideramos que por primeira vez se comeza a falar claramente e o medo comeza a deixarse a un lado.


Ademais dos temas que estaban na orde do día foron moitos outros os que xurdiron e estamos contentos co resultado, principalmente, entendiamos que era importante informar sobre os contratos en fraude de lei que moitos compañeiros e compañeiras padecen dende hai anos e son produto dunha pésima xestión da área de Persoal que este Concello leva arrastrando anos e anos e que na actualidade están a pagar os traballadores, igualmente entendiamos que era necesario explicar as decisións tomadas pola CIG no Comité de Empresa nun acto de transparencia do órgano que representa ao persoal laboral.


Se algún compañeiro ou compañeira non puido asistir e precisa información sobre algún dos temas que se trataron pódese pór en contacto connosco no enderezo electrónico cigconcellobetanzos@gmail.com.

03/12/11

Seguimos avanzando a pesar dos múltiples atrancos do Goberno

Dende que a CIG obtivo a maioría dos votos nas anteriores eleccións sindicais vimos denunciando as constantes discriminacións a que moitos compañeiros e compañeiras son sometidos, en diversos escritos, reunións co Goberno e nos nosos voceiros fixemos públicas as discriminacións que unha parte do persoal deste Concello, o non permanente, leva padecendo anos e anos coa connivencia de UGT como forza maioritaria no anterior Comité de Empresa.


Por primeira vez saiu á palestra pública que o Concello discrimina ao persoal en función do seu contrato e tamén a finais de novembro o Concello deulle a razón ao que dende a CIG levamos meses a reclamar . Xa sabemos como son aquí as cousas e o Goberno municipal non sería quen de lle recoñecer os logros á CIG, de aí que achegue unha información a todos os departamentos do Concello onde admite que todo o persoal deste Concello ten iguais dereitos e non pode ser discriminado polo tipo de contrato con relación ás axudas sociais mais que iso o fai cunha previa solicitude da UGT.


Curioso é, cando menos, que logo de escritos tanto por parte da CIG como do propio Comité ao longo de xa case seis meses estes non sexan respondidos ou haxa continuas negativas a estas peticións mediante resolucións da Alcaldía, e a un delegado da UGT en só cinco días se lle responda afirmativamente ao que antes nós temos solicitado por activa e por pasiva sen ningunha solución.


Sen dúbida isto cadra coa abstención de dous delegados da UGT no acordo de demanda ao Concello, polo que vemos eles non necesitan denunciar porque teñen o que reclaman con só pedilo nun claro xesto de complicidade co Goberno municipal, e ademais, cómpre destacar de que cada vez a argumentación do Concello en materia de Persoal coincide máis coa predicada por algúns delegados da UGT, o que nos lembra tempos pasados en que o Comité estaba ao servizo do Concello no canto de para axudar ao persoal.


A pesar de todo isto e aínda que o Concello teime en menosprezar as solicitudes e demandas da representación legal do Comité de Empresa e do sindicato que democraticamente gañou as pasadas eleccións sindicais, dende a CIG seguiremos loitando porque remate o clientelismo e somos conscientes de que todas as melloras que hai neste Concello son grazas ao noso traballo e que ao Goberno ao final non lle quedou máis remedio que nos dar a razón, se o Comité non presionase ao Concello continuamente o Goberno seguiría sen se preocupar polo seu persoal e a situación laboral deste. Aínda así, o que nos parece vergoñento é que dende hai un tempo haxa compañeiros da UGT do Comité que parece que lle fan o xogo ao goberno municipal ao utilizar os mesmos argumentos, versións e solucións para os conflitos laborais que os propios xefes, nós, dende logo, entendemos que a representación dos traballadores sempre ten que estar do lado destes e non facerlle as beiras ao Concello por promesas incumpridas que os diversos gobernos levan anos facéndolle ao persoal laboral.

Seguimos coas discriminacións: o funcionariado cobrou as axudas sociais do ano 2010 e o persoal laboral non!

Comeza un novo mes e agrávanse as discriminacións, xa que na nómina do mes de novembro o funcionariado acaba de cobrar as axudas sociais do ano 2010 (un ano despois de solicitalas) e o persoal laboral, polo que parece, non ten os mesmos dereitos, e nin sequera un ano despois ten dereito a cobrar á vez que os compañeiros funcionarios.


Logo de múltiples resolucións e requerimentos por parte do Concello ao Comité de Empresa, algo que, insistimos, nunca antes lle acontecera aos comités anteriores, o Concello decide resolver a concesión das axudas sociais do funcionariado e non as dos laborais.



Os trámites seguidos polos representantes do funcionariado non foron os mesmos e accederon ás peticións do Concello, sempre consideradas de dubidosa legalidade por parte da CIG e mais do Comité, mais isto non escusa que a Alcaldía como tal non fixese o traballo ben feito. A Alcaldía, ou no seu defecto a Xunta de Goberno, ten a obriga de resolver as axudas sociais do persoal laboral como outra tantas cuestións, e para isto pode ter en conta ou non os informes do persoal técnico e mais a proposta do Comité, mais o que está claro é que a última responsabilidade é do Goberno municipal. En todo momento o Concello deixou claro que os criterios adoptados polo Comité de Empresa para a súa proposta, baseados principalmente na non discriminación do persoal que non está na RPT, non se terían en conta e o Concello resolvería en función do que informase o persoal técnico do Concello


Dende a CIG do Concello de Betanzos consideramos as decisións do Goberno nos últimos tempos contraditorias e con claros bandazos, non entendemos como cunha partida orzamentaria única e cunha suposta distribución proporcional das axudas o Concello é quen de llas pagar ao funcionariado si e ao persoal laboral non, que pasa... os laborais sempre recibimos a esmola logo de repartir entre o funcionariado?


Outra cousa é que o goberno xa teña nas súas mans unha proposta de concesión das axudas para o persoal laboral da secretaría municipal, omnipresente agora en todos os informes que se lle achegan ao Comité, e non resolva as axudas porque non lle pete, cando sabe perfectamente a cantidade que vai destinar aos laborais, e, de paso, aproveite para dificultar unha vez máis o traballo do Comité de Empresa, tal e como leva facendo dende que este comezou a traballar para intentar esclarecer e mellorar a situación do persoal laboral do Concello de Betanzos.

22/11/11

Repercusión na prensa: El ideal gallego (22/11/2011)

Betanzos - El actual comité de empresa acusa al Ayuntamiento de atentar contra la libertad sindical

El comité de empresa del Ayuntamiento de Betanzos ha acordado presentar una demana de tutela de los derechos fundamentales contra la administración municipal “por atentar contra a liberdade sindical”, indicaron fuentes de la CIG.

La representación de los trabajadores asegura que, desde la constitución del actual comité, el Ayuntamiento de Betanzos ha hecho caso omiso “ás numerosas peticións de documentación realizadas pola presidenta”.

Según los sindicatos, estas solicitudes irían desde la petición del valor de las horas extras, la tabla de salarios, la relación de puestos de trabajo de carácter no permanente “e un longo etcétera” hasta los listados de sustituciones en vigor que, de acuerdo con las explicaciones de las mismas fuentes, “son totalmente imprescindibles para que o comité de empresa poida efectuar a súa labor cun mínimo de garantía e de seriedade”.

Exclusión > En un comunicado remitido por la CIG del Ayuntamiento de Betanzos, los trabajadores indican que parte del personal laboral han sido exclusivos del convenio colectivo “por decisión unilateral do goberno”.

En la misma nota afirman que “a última gota que colmou o vaso foi unha resolución da alcaldía na que se recortan os dereitos dos delegados recollidos na lexislación vixente” y que, al parecer “pretende fiscalizar e mediatizr o uso do crédito de horas sindicais tratando de introducir, ademáis, a obrigación de facer pública a actividade sindical”.

21/11/11

Repercusión na prensa: La voz de Galicia (19/11/2011)

Demanda sindical


El comité de Empresa del Concello de Betanzos "adoptou o acordo de presentar unha demanda de tutela de dereitos fundamentais contra o Concello de Betanzos por atentar contra a liberdade sindical". El valor de las horas extras, las tablas salariales o la relación de puestos de trabajo son algunos de los problemas que apunta el comité en un comunicado.

Repercusión: Xornal de Betanzos

A CIG denunciará ao goberno de García de atentar contra a liberdade sindical


A Confederación Intersindical Galega (CIG), a central sindical maioritaria no comité de empresa do Concello de Betanzos acusou ao alcalde Ramón García de atentar contra a liberdade sindical. A presidenta do comité de empresa, Silvia Muíño (CIG), explicou nun comunicado que “dende a constitución do Comité de Empresa actual o Concello fixo caso omiso ás numerosas peticións de documentación realizadas pola presidenta do citado Comité”.


A sindicalista abunda en que “estas solicitudes que van dende o valor das horas extras, a táboa de salarios, relación de postos de traballo de carácter non permanente e un longo etcétera até as listaxes de substitución en vigor, son totalmente imprescindibles para que o Comité de Empresa poida efectuar a súa labor cun mínimo de garantía e seriedade”.


“A este feito habería que sumarlle a exclusión de parte do persoal laboral do convenio colectivo por decisión unilateral do Goberno municipal”, engade a sindicalista nacionalista nun extremo que o BNG tamén levou ao Pleno.


Desde a central nacionalista aseguran que “a última gota que colmou o vaso foi unha resolución da Alcaldía na que se recortan os dereitos dos delegados recollidos na lexislación vixente e se pretende fiscalizar e mediatizar o uso do crédito de horas sindicais tratando de introducir ademais a obrigación de facer pública a actividade sindical”.

19/11/11

Repercusión na prensa: La opinión A Coruña

El comité del Concello le acusa de atentar contra la libertad sindical


REDACCIÓN BETANZOS El comité de empresa del Ayuntamiento de Betanzos ha decidido presentar una demanda de tutela de derechos fundamentales contra el Ayuntamiento, al que acusa de atentar contra la libertad sindical.


Según informó ayer la presidenta del comité, Silvia Muíño (CIG), a través de un comunicado, desde la constitución del actual comité el Concello ha hecho caso omiso a las "numerosas" solicitudes de documentación tramitadas. El órgano que representa a los trabajadores laborales pidió información, entre otros asuntos, sobre el valor de las horas extra, la tabla de salarios, la Relación de Puestos de Trabajo (RPT) de carácter no permanente y las listas de sustitución en vigor. Toda esta documentación es "imprescindible", destaca Muíño, para que el comité pueda efectuar su labor "con un mínimo de garantía y seriedad".


El comité también acusa al Gobierno local de excluir a parte del personal laboral del convenio colectivo "por decisión unilateral" y sostiene que "la gota que ha colmado el vaso" ha sido una resolución de Alcaldía en la que se recortan los derechos de los delegados sindicales y con el que se pretende fiscalizar, sostienen, el uso de las horas sindicales.

18/11/11

Na páxina da Confederación Intersindical Galega

A nova do acordo na páxina da Confederación Intersindical Galega

O Comité de Empresa do Concello de Betanzos presentará demanda de tutela de dereitos fundamentais


A representación do persoal denuncia que non se lle está a entregar documentación así como o recorte dos dereitos dos delegados/as imposto pola Alcaldía.


O Comité de empresa do Concello de Betanzos vai presentar demanda de tutela de dereitos fundamentais contra o Concello por atentar contra a liberdade sindical. Así o acordou o órgano de representación do persoal logo que a institución local ignorase as solicitudes de documentación trasladadas polo Comité así como o recorte nos dereitos dos delegados/as imposto pola Alcaldía.


A continuación reproducimos o comunicado feito público polo Comité:


O comité de empresa do concello de Betanzos adoptou o acordo de presentar una demanda de tutela de dereitos fundamentais contra o concello de Betanzos por atentar contra a liberdade sindical.


Dende a constitución do Comité de empresa actual o Concello fixo caso omiso ás numerosas peticións de documentación realizadas pola presidenta do citado Comité. Estas solicitudes, que van dende o valor das horas extras, a táboa de salarios, relación de postos de traballo de carácter non permanente etc., até as listaxes de substitución en vigor, son totalmente imprescindíbeis para que o Comité de empresa poida efectuar a súa labor cun mínimo de garantía e seriedade.


A este feito habería que sumarlle a exclusión de parte do persoal laboral do convenio colectivo por decisión unilateral do goberno municipal.


A última gota que colmou o vaso foi unha resolución da Alcaldía na que se recortan os dereitos dos delegados recollidos na lexislación vixente e se pretende fiscalizar e mediatizar o uso do crédito de horas sindicais tratando de introducir ademais a obrigación de facer pública a actividade sindical.

O Comité de Empresa adoptou o acordo de presentar una demanda ao Concello de Betanzos

O Comité de Empresa do Concello de Betanzos adoptou o acordo de presentar una demanda de tutela de dereitos fundamentais contra o Concello de Betanzos por atentar contra a liberdade sindical.


Dende a constitución do Comité de Empresa actual o Concello fixo caso omiso ás numerosas peticións de documentación realizadas pola presidenta do citado Comité. Estas solicitudes que van dende o valor das horas extras, a táboa de salarios, relación de postos de traballo de carácter non permanente e un longo etcétera até as listaxes de substitución en vigor, son totalmente imprescindibles para que o Comité de Empresa poida efectuar a súa labor cun mínimo de garantía e seriedade.


A este feito habería que sumarlle a exclusión de parte do persoal laboral do convenio colectivo por decisión unilateral do goberno municipal.


A última gota que colmou o vaso foi unha resolución da Alcaldía na que se recortan os dereitos dos delegados recollidos na lexislación vixente e se pretende fiscalizar e mediatizar o uso do crédito de horas sindicais tratando de introducir ademais a obrigación de facer pública a actividade sindical.

Na reunión extraordinaria do Comité do pasado 14 de novembro tomouse a decisión con sete votos a favor e dúas abstencións por parte de dous delegados da UGT. Logo de meses sen que o Concello facilitase a documentación e de avisar ao Concello cales eran as intencións do Comité no caso de que este dificultase o seu traballo, a CIG levou a proposta ao Comité de Empresa e esta foi apoiada pola maioría do Comité.

10/11/11

AXUDAS SOCIAIS 2010 e 2011: Últimas novas

AXUDAS SOCIAIS do ano 2010: historia dunha mala xestión


Logo da última información que vos achegamos sobre o estado da Resolución das axudas sociais do ano 2010, nos últimos días o Concello traladounos unha Resolución da Alcaldía onde nos comunica as últimas novas sobre este proceso que o Concello xa leva cun ano de atraso. Este comunicado de Resolución vai acompañado dun informe da Secretaría do que cómpre destacar, nunha primeira lectura, varios aspectos:


*O Concello admite no informe que leva anos resolvendo as axudas de xeito irregular, ao indicar que os criterios non son nada claros e que no proceso se observan irregularidades.


*Os representantes do persoal e mais do funcionariado foron convocados polo Concello a unha xuntanza cuxo único punto da orde do día era facer unha proposta de concesión das axudas. Agora o Concello di que tal convocatoria deu lugar a unha reunión fóra da legalidade cando o propio Concello foi o que convocou os representantes dos traballadores.


*O informe indica que o persoal que non está na RPT non pode entrar na proposta de distribución das axudas, discriminándoo como leva facendo anos. O curioso é que na reunión anteriormente citada o propio concelleiro de Persoal falou dun informe da Intervención que era o que determinaba que ese persoal á marxe da RPT tería dereito ou non, e que a Intervención sería quen ía ter o criterio, cando, curiosamente o informe que incita a esta discrimnación é da Secretaría, nun acto apresurado por parte do Goberno que parece buscar o informe nun departamento ou outro segundo conveña; non tería outra explicación que o propio concelleiro nomease a Intervención e agora semelle que o criterio deste departamento non se teña en conta neste proceso.


*Hai unha vontade clara de excluír do proceso á representación do persoal e mesmo recorrendo para non quedar "tal mal" a fórmulas inventadas e que consideramos irregulares.


Todos estes problemas que o Concello relata casualmente nunca os houbo cos anteriores Comités e o reparto das axudas nunca xerou conflitos que agora aparecen cando pretende haber un maior control sobre a súa distribución.


Vimos observando unha deixación de funcións por parte do Goberno municipal, posto que ningún dos escritos que se nos achega ao Comité vén asinado pola Alcaldía, sempre se nos trasladan comunicados, informes etc, asinados pola Secretaría, mais non, por exemplo, as copias das Resolución da Alcaldía e mesmo nin se nos indica o número de Resolución.


O Goberno ningunea á representación dos traballadores posto que en ningún caso dialoga as posibles solucións ao conflito nin informa puntualmente das decisións que se van tomar, comunican as decisións sen posibilidade de que a representación do persoal sexa escoitada nos procesos.


O caso é que un ano despois seguimos sen cobrar as axudas e isto evidencia un problema de funcionamento do propio Concello en todo o que teña a ver cos temas laborais.


AXUDAS SOCIAIS do ano 2011: as decisións unilaterais


Polo que respecta ás axudas sociais 2011 temos que valorar moi positivamente que o Concello por fin distribúa a información que dende o 2001 debería ter distribuído anualmente. A pesar de facer o traballo tarde, tendo en conta que xa hai persoal que presentou as súas solicitudes, mudando as bases acordadas en pleno de xeito unilateral e sen informar sobre isto ao propio Comité de Empresa hai que ter en conta que todo isto aconteceu grazas ao traballo do novo Comité, porque nunca antes o Concello distribuíra información sobre a convocatoria nin as contías máximas a que se aspira en base a cada un dos conceptos.


As contías xa as fixemos públicas neste blogue, o prazo seica muda e pódense presentar as solicitudes ata o vindeiro 31 de decembro e, por vez primeira sabemos cal é o orzamento designado para este fondo social, 23 000 euros.


Con este pasos o Concello confirma que era necesario o traballo que estamos a facer dende a CIG do Concello de Betanzos xa que a información que lle afecta ao persoal comeza a ser pública e isto facilitará que un maior número de compañeiros e compañeiras soliciten as axudas, solicitadas atas o momento por unha maioría do funcionariado fronte ás solicitudes feitas por unha mínima parte de todo o persoal laboral do Concello.


A pesar de todo isto non podemos deixar pasar o ninguneo ao que está a ser sometida a representación do persoal, que en ningún caso é consultada nin informada, á que en cinco meses non se che achegou a documentación requirida coa escusa da falta de tempo, mais pola contra hai tempo para achegarlle resolucións da Alcaldía vulnerando dereitos sindicais ou denegando a ocupación dun local onde simplemente reunirse.

08/11/11

Primeiros meses de traballo

Dende que a CIG comezou a abrirse un oco neste Concello son moitos os camiños que levamos abertos, moitas as dinámicas que estamos a mudar e cada día máis as motivacións para continuarmos a traballar.


Hai pouco menos de cinco meses o persoal laboral do Concello de Betanzos depositou a súa confianza na CIG como forza maioritaria logo das eleccións sindicais. Isto supuxo un cambio de rumbo no xeito de facer traballo sindical no Concello de Betanzos.


Ao longo destes meses son moitas as cousas que aprendimos e moitas máis a que nos quedarán por aprender, mais, sen dúbida, o que cómpre destacar é que nos decatamos da mala dinámica de funcionamento deste Concello a nivel de persoal, onde dependendo de non sabemos que criterio tes uns dereitos ou outros e onde a lexislación é claramente interpretada sempre na contra dos traballadores e traballadoras.


Se algo lle temos dito en reiteradas ocasións ao Goberno é que non entendiamos como sempre se buscaba a opción menos adecuada para defender os dereitos do persoal, e o que é peor, nunca entendimos como o Goberno se escuda para tomar as decisións no persoal ao servizo do Concello porque o xefe de todo o persoal é o alcalde e non podemos esquecer que as decisións non son máis que decisións políticas que, como noutras áreas, ás veces seguen as recomendacións técnicas e outras executan o que estiman oportuno.


Sabemos dende hai uns meses que algo está a cambiar, non só nunca antes de a CIG ter a maioría no Comité de Empresa este se reunira con tanta regularidade e solicitara absolutamente todo por escrito ao Concello, senón que tampouco conseguira que se constituíse a Comisión negociadora do Concello nin nomeara uns delegados de prevención. Efectivamente as consecuencias desta mudanza son trabas que nunca os anteriores comités atoparon, son cambadelas impropias dun Goberno que predica na prensa o diálogo co persoal.


Sen dúbida, ao Concello cústalle acostumarse a este funcionamento e realmente son moitas xa as incidencias e consecuencias soportadas por diversos delegados e delegadas da CIG en carne propia por dedicarse a realizar o seu labor sindical e representar os compañeiros.


Entendemos, logo de case cinco meses sen que o Concello nos facilite a documentación solicitada, que hai moito agochar, outra explicación posible non merece o feito de que a escusa permanente para a obstrución da información ao Comité sexa a falta de tempo, mentres si que hai tempo para continuas comunicacións de resolucións da propia Alcaldía dificultando o traballo dos delegados e buscando problemas onde nunca os houbo ata a chegada da CIG a este Concello.


Esta actitude belixerante por parte do Concello vén a confirmar que nesta Administración sempre houbo uns escurantismo enorme en todo o que ten a ver co persoal e non senta ben a difusión de calquera tipo de información que lle afecte ao persoal.


Dende a sección sindical da CIG do Concello de Betanzos sempre pretendimos difundir toda a información que coñecésemos porque entendemos que unha administración pública debe ser transparente para o persoal e que a información sobre os temas laborais debe ser de coñecemento público.


Unha valoración xeral destes primeiros meses do Concello é positiva, porque fomos quen de por primeira vez houbese un traballo sindical por parte dos delegados e das delegadas, porque grazas ao apoio de compañeiros e compañeiras a sección sindical da CIG cada vez conta con máis afiliados e as nosas posibilidades de traballo son maiores e porque fixemos que o Concello tome conciencia de as deficiencias, os problemas e as desigualdades entre o persoal son moitas.


Grazas, unha vez máis, porque sen o apoio dos traballadores e traballadoras que se achegan a nós decotío, non sería posible o noso traballo sindical e este cambio de rumbo que se está a dar cada vez máis apresuradamente neste Concello.

02/11/11

Voceiro Impreso nº 9 da CIG do Concello de Betanzos

Xa tes colgado o voceiro impreso numero 9 correspondente o mes de novembro, nel poderás ver os seguintes temas:

  • AXUDAS SOCIAIS 2011: INFORMACIÓN XERAL E PRAZOS.
  • TEMAS PENDENTES DO NOVO CONVENIO.
  • COMISIÓN NEGOCIADORA DO NOVO CONVENIO.
  • SOLICITUDE DE CONSTITUCIÓN DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE.
Accede a el facendo CLIC AQUÍ.

Lembramosche que tes todos os voceiros impresos publicados ata agora:
Neste apartado do blogue.

27/10/11

Axudas sociais 2011: información xeral e prazos

A vindeira semana abre o prazo de presentación para a as solicitudes das axudas sociais correspondentes ao ano 2011. Este prazo estará aberto ata o último día do mes de novembro e coma en anos anteriores o modelo de solicitude deberá estar ao dispor do persoal na Oficinas Xerais do Concello.


A pesar de que o Concello case un ano despois da anterior convocatoria non foi quen de resolver as axudas sociais do ano 2010, e convocou a comezos de outubro ao Comité de Empresa a unha reunión da que saiu unha proposta de concesión, a día de hoxe aínda non se publicou nin sequera a listaxe provisional de concesión desas axudas. Aínda así, cómpre lembrar que a partir da semana que vén o persoal pode solicitar unhas novas axudas e que tal e como recollen as bases actuais, aprobadas no 2001, das axudas sociais deberían ser resoltas xa no vindeiro mes de decembro.


Algúns dos aspectos máis destacados que debedes lembrar para solicitar as axudas sociais son os seguintes:


Os conceptos para os que se poden presentar facturas son os seguintes: bolsas de estudo, gardaría, odontoloxía, lentes e próteses ortopédicas e dispositivos especiais.


Polo xeral as axudas sociais comprenden ao/á empregado/a e todos e cada un dos membros da unidade familiar (cónxuxe, fillos/as e orfos/as -menores de idade-de empregados/as)



Xunto coa solicitude deberanse xustificar os gastos coas facturas e mais achegar copia do libro de familia no caso de solicitalas para a unidade familiar.



As cantidades máximas outorgada para os distintos conceptos, segundo o último documento achegado polo Concello ao Comité de Empresa, son as seguintes:


BOLSA DE ESTUDOS

Ensino primario: 90,15 euros

ESO, Bacharelato e FP: 150,25 euros

Universidade, escolas técnicas e equivalentes: 210,35 euros

GARDARÍA: 48,08 euros

ODONTOLOXÍA: 270,46 euros

LENTES: 120, 20 euros

PRÓTESES ORTOPÉDICAS E DISPOSITIVOS ESPECIAIS

Calzado ortopédico: 225, 38 euros

Plantillas: 60, 10 euros

Muletas: 90,15 euros

Vehículos de discacitados/as: 450, 76 euros

Aparello auditivo: 210, 35 euros


Estas contías deben ser proporcionais non caso de non se xustificar a cantidade máxima, e, igualmente, no caso de que o orzamento designado para estas axudas non chegue para todas as solicitudes, as cantidades reduciranse individualmente de xeito proporcional.


Nos vindeiros días agardamos ter máis información sobre a resolución pendente das axudas sociais do 2010 e informarémosvos puntualmente.

26/10/11

Temas pendentes do novo convenio

A proposta de novo convenio que o Comité de Empresa lle entregará no proceso de negociación ao Concello inclúe varios anexos, tal e como a CIG propuxo dende un comezo. Entre eles, cómpre destacar a proposta dun novo anexo que recolla a roupa de traballo e outro que recolle os horarios específicos de todos aqueles postos de traballo que teñen un horario distinto á xornada marcada como xeral no convenio e que realiza unha grande parte do persoal neste Concello.


Estes anexos serán elaborados polos distintos membros do Comité de Empresa nos vindeiros días que se achegarán a todos os departamentos do Concello que utilicen unha determinada roupa de traballo ou traballen nun horario distinto ao recollido como xeral no convenio. Este traballo realizarase para proporlle ao Concello que todas estas especificidades queden recollidas no novo convenio e así non haxa problemas como os que hai na actualidade derivados do convenio vixente que recolle o vestiario que anualmente se lle entregará ao persoal de obras e mantemento ou limpeza, mais nada indica sobre o vestiario ao que ten dereito o persoal de axuda a domicilio, gardaría ou GRUMIR, entre outros.

Dende a CIG non entendemos como cando se aprobou o convenio vixente a día de hoxe houbo departamentos que precisan roupa de traballo e elementos de protección que non foron recollidos no artigo correspondente do convenio, por iso intentaremos enmendar estes erros e propomos un anexo onde todos os departamentos que utilicen roupa de traballo queden reflectidos.

Solicitude de constitución do Comité de Seguridade e Saúde

Xa hai un tempo que dende a CIG do Concello de Betanzos nos vimos preocupando do tema da saúde laboral e así llo fixemos chegar ao concelleiro de Persoal nalgunha das reunións solicitadas por parte do Comité. Por iso, e logo de informarnos sobre o tema na asesoría da CIG entendimos que era necesario dar os pasos precisos para comezar a incidir no tema da saúde laboral, de aí que propuxemos no Comité de Empresa a necesidade de nomearmos os/as delegados de prevención en seguridade e saúde para así instar ao Concello a que crease o Comité de Seguridade e Saúde.

O certo é que ata o momento nunca o sindicato con maioría neste Concello ata as pasadas eleccións sindicais se preocupara polo tema da saúde e a seguridade no traballo, mais dende a CIG coidamos que é un tema de moita importancia e que é necesario que se comece a traballar nel dende o Comité de Empresa. Por iso, algúns dos representantes da CIG no Comité de Empresa van iniciar os cursos de formación en materia de prevención de riscos laborais, porque entenden que son necesarios para coñeceren máis polo miúdo a lexislación e analizaren cales son os problemas específicos do persoal laboral neste ámbito.

Na reunión extraordinaria do Comité de Empresa que tivo lugar onte, a representación da CIG explicou o número de delegados que se deberían nomear en función do número de traballadores, cal sería a súa función e propuxo que no nomeamento dos delegados houbese dous por parte da CIG e outro que o escollese a representación da UGT no Comité. Por tanto, e logo do acordo tomado na reunión do Comité de Empresa os delegados de prevención da CIG serán os compañeiros Jorge Amarante Rodríguez do GRUMIR e Raquel Rodríguez Fernández do servizo de Limpeza.

Hoxe mesmo comunicóuselle ao Concello por parte do Comité de Empresa o nomeamento dos delegados de prevención e instouse a que o Concello constitúa o Comité de Seguridade e Saúde coa maior brevidade posible a constitución do Comité de Seguridade e Saúde xa segundo o artigo 38 da Lei 31/1995 de prevención de riscos debe estar constituído en calquera centro de traballo con máis de cincuenta traballadores e estará formado polos delegados de Prevención, dunha parte, e polo empresario e/ou os seus representantes en número igual ao dos delegados de Prevención, da outra.

Comisión negociadora do novo convenio

O pasado luns, 24 de outubro, o Comité de Empresa foi convocado a unha reunión para constituír a Comisión negociadora do novo convenio. Isto produciuse logo de que o convenio fose denunciado o día 22 de setembro e ante a obrigatoriedade legal, por parte do Concello, de iniciar o proceso de negociación nun mes a partir da data de denuncia.


Nesta reunión establecéronse as bases do proceso negociador e informouse ao Concello de que o Comité de Empresa ten unha proposta de convenio que xa está case finalizada. Igualmente, e por unha cuestión de axilidade, que xa a CIG incluíu na proposta de convenio que presentou ao Comité de Empresa, na Comisión negociadora irán dous respresentantes da CIG e un da UGT, en función da representatividade do Comité. Por parte da CIG os/as compañeiros/as que formarán parte da Comisión negociadora do convenio do persoal laboral e os seus respectivos suplentes serán os seguintes:

Silvia Muíño Naveira

Suplente: Mónica Núñez Vales

Marcos Dopico Sánchez

Suplente: Jorge Amarante Rodríguez

A comunicación dos membros escollidos para a negociación foi hoxe mesmo comunicada ao Concello, tal e como se acordou onte mesmo nunha reunión extraordinaria do Comité de Empresa.

Unha vez que se comunicaron os membros da Comisión negociadora ao Concello e que o Comité de Empresa está á espera dun calendario de reunións para planificar a negociación dun novo convenio, o Concello é quen lle ten que comunicar aos membros designados a data e o contido da orde do día da vindeira reunión.

24/10/11

Cobertura de praza de profesor/a de guitarra

O sábado o Concello publicaba na prensa un anuncio para darlle publicidade á convocatoria para a cobertura dunha praza de profesor/a de guitarra. Esta mesma convocatoria foi publicada na páxina web do Concello e pode ser consultada aquí. O prazo de presentación das solicitudes remata o vindeiro día 30 de outubro.

Máis unha vez o Concello non conta co Comité de Empresa para a convocatoria dunha praza e segue o seu camiño de costas á representación dos traballadores, a pesar das continuas promesas fallidas que nos leva facendo nos últimos meses. Lamentamos, sen dúbida, esta actitude por parte do goberno municipal, e nos vindeiros días dende a sección sindical da CIG do Concello de Betanzos decidiremos os pasos que haberá que seguir, logo de que os feitos por parte do Concello cada vez se correspondan menos coas promesas que lle levan feito durante meses á representación dos traballadores.

A representación do persoal non só non é informada, dende que este novo Comité se constituíu, das previsións na provisión de postos de traballo, senón que simplemente sabe de moitas contratacións unha vez que lle son achegadas as copias dos contratos, mais en ningún caso con anterioridade a esas contratacións. Esta falta de información provoca a disconformidade por parte da representación do Comité unha vez que lle son entregados contratos dos que se descoñece o proceso selectivo e mesmo nin se facilita información cando esta se require puntualmente, ademais de que nalgúns casos mesmo reflicten unhas retribucións que non se corresponden cos conceptos retributivos recollidos no convenio e sobre o que tampouco se facilita ningunha información.

Esta opacidade do Concello á hora de facilitar información demostra o pouco interese en que se coñeza o estado real do problema laboral neste Concello e de que se saiba polo miúdo o que o Concello fai ou deixa de facer en materia de contratación laboral.



18/10/11

Cig Informa Grande
Abrindo camiños n.º 8

16/10/11

A CRISE, O SISTEMA E A SOBERANÍA // SI existen alternativas! (documental)

A CIG convoca unha manifestación o 23 de outubro en defensa do emprego e dos servizos públicos

A central reitera que é o modelo capitalista o que está en crise e reclama a aplicación de políticas alternativas que permitan encetar un novo modelo económico e social.


A CIG presentou a campaña “Si, existen alternativas! En defensa do emprego e dos servizos públicos” que rematará neste primeira fase cunha manifestación nacional o vindeiro 23 de outubro en Compostela. Con esta campaña á central sindical pretende enfrontar a falsa idea de que a única saída á crise pasa polos recortes sociais e laborais, pondo en valor que hai outras políticas posíbeis, mais que requiren rachar co modelo capitalista neoliberal.


Aínda que a campaña nace coa idea de ter continuidade no tempo, a primeira etapa rematará o vindeiro domingo 23 de outubro cunha manifestación nacional en Compostela aberta á participación de toda a cidadanía. A marcha, que sairá da Alameda ás 12:30 horas, estará precedida de asembleas de delegados e delegadas da CIG en todas as comarcas, celebrándose a primeira delas este mesmo mércores na Coruña. “Dende a CIG queremos desmontar as falsidades utilizadas para aplicar as políticas de recortes e propor á cidadanía que existen alternativas, pero hainas que enmarcar dentro dun modelo económico e social distinto ao capitalista neoliberal”, resumía Suso Seixo ao inicio da rolda.


Alternativas aos recortes


Dende o inicio da crise económica, a CIG veu alertando que as medidas sociais e laborais adoptadas non ían axudar á saír da situación de recesión e facilitar a creación de emprego, senón que o seu efecto sería contrario, posto que non inciden nas verdadeiras causas da crise. Unha crise financeira na súa orixe e vinculada a unha economía especulativa argallada á marxe da economía real e na que apenas ten peso o sector produtivo.


Neste senso, Seixo criticou que dende o estoupido da crise os estados teñan inxectando enormes recursos públicos á banca, primeiro con achegas directas para a súa recapitalización, e agora permitindo a especulación coa débeda pública, que ten deixado ao borde da quebra a moitos estados. “Os problemas coa débeda pública remataríanse cunha medida tan sinxela como que o Banco Central Europeo comprase á débeda aos estados”, sinalou Seixo, quen criticou que os gobernos europeos e o BCE eviten enfrontar unha decisión deste calado.


O Secretario Xeral da CIG puntualizou que os problemas económicos que poida ter a banca son coa débeda privada e non coa pública. No caso do estado español, a débeda pública representa o 65% do PIB mentres que a privada representa o 217% do PIB. “Se os recursos que se destinan á recapitalizar á banca privada se destinasen á crear unha Banca Pública hoxe as medianas e pequenas empresas, así como as familias, terían a posibilidade de acceder ao crédito e estaríamos nunha situación económica e en materia de emprego totalmente distinta”, aseverou.


Encetando con esta problemática, Seixo cuestionou as medidas aplicadas polos gobernos para reducir o déficit público, medidas todas elas baseadas en recortes do gasto público e a conseguinte perda de calidade dos servizos e do emprego. Pola contra, a CIG propón atallar esta cuestión pola vía contraria: equilibrar os orzamentos incrementando os ingresos.


“Isto supón falar dun cambio na política fiscal, incrementar os impostos á banca, ás rendas máis altas e ás grandes fortunas, recuperar o imposto de patrimonio e sucesións, rematar coa fraude fiscal e cos paraísos fiscais, etc.. Segundo os datos dos inspectores de Facenda, a fraude fiscal no Estado español sitúase nos 66.000 millóns de euros, fraude que nun 71% está cometida pola banca e as grandes empresas”, puntualizou.

10/10/11

Dubidoso cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais no Concello de Betanzos

Outro grave problema detectado recentemente e que xa se lle comentou ao concelleiro de Persoal foi que consideramos que neste Concello hai xa máis que un dubidoso, hai un deficiente cumprimento da Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais, xa non só porque lle temos preguntado en múltiples ocasións ao Concello sobre os Equipos de Protección Individual dalgúns colectivos coma o GRUMIR e o Concello non é quen de responder con rotundidade se os traballadores contan con toda a equipación necesaria, senón tamén porque, polo que parece, neste Concello nin hai un servizo de prevención, como indica o convenio do persoal laboral do Concello de Betanzos, e nin sequera se nos sabe responder sobre a existencia ou non dun Comité de Seguridade e Saúde que marca de obrigada existencia e en función do número de traballadores a Lei de prevención de riscos laborais que é do ano 1995, e que mesmo o noso convenio recolle como de aplicación no artigo 39. Non temos a certeza, pois, de que existise con anterioridade este Comité de Seguridade e Saúde mais o certo é que o Comité actual non foi convocado á súa constitución nin a ningunha reunión deste organismo que segundo a Lei 31/1995 debe ser convocado trimestralmente.

Sorpréndenos, pois, máis unha vez, como o incumprimento do convenio tan nomeado polo Concello para desestimar solicitudes en detrimento dos traballadores, agocha moita desidia por parte da Administración local. Por iso puxemos este feito en coñecemento do Goberno ao nos decatar que este grave incumprimento das leis en materia de saúde laboral pode supoñer un risco para os traballadores e, igualmente, instamos a que se hai tanta vontade de amañar as cousas como se nos indica verbalmente en reiteradas ocasións, se comecen a dar os primeiros pasos para solucionar estas eivas.

Os teus dereitos a un clic

Lembra que neste blogue podes consultar diversos textos oficiais que te poden axudar a coñecer un pouco máis o marco lexislativo en que se move o persoal das Administracións públicas. Tes ao teu dispor na nosa páxina web:
Ademais, lembra que podes consultar todos os nosos voceiros aquí!

Solicitude de reunión da Comisión Paritaria de interpretación do convenio

Segundo vai pasando o tempo e dende a CIG procuramos información sobre a situación laboral do persoal do Concello máis son as eivas e os problemas que detectamos e poñemos en coñecemento do Goberno municipal para procurar as vías de solución. Logo de repensarmos o problema que certos compañeiros teñen ao desfrutar os días de asuntos propios decatámonos de que dende o Concello sempre se interpretou unilateralmente o convenio e en ningún momento se reuniu a Comisión paritaria de seguimento do convenio, que tal e como marca o noso convenio colectivo debería estar creada dende o ano 2006, días despois da publicación oficial do texto.

Independentemente de que esta Comisión existise ou non con anterioridade, tema que en todo caso lle correspondería ao Comité anterior, o que nós si que podemos afirmar é que nestes catro meses que levamos no Comité e que se segue a interpretar o convenio en detrimento dunha parte do persoal laboral nunca este Comité foi convocado para unha reunión da susodita Comisión. Por iso hai unhas semanas o Comité solicitou por rexistro que coa maior urxencia posible se reúna a Comisión paritaria e os representantes do persoal teñamos algo que dicir tamén sobre os problemas de aplicación do convenio e non o Concello interprete unilateralmente o que el mesmo aprobou en 2005 que tiña que facerse nunha Comisión.

Lembra para as túas solicitudes

O Real decreto 1777/1994 de adecuación dos procedementos de xestión de persoal á Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común recolle os supostos de eficacia estimatoria e desestimatoria das solicitudes, é dicir, cando se pode entender o silencio administrativo positivo ou negativo. Entendemos as solicitudes estimadas se transcorreron os seguintes prazos sen que houbese unha resolución expresa:

a) Vacacións en período ordinario: Un mes.
b) Permisos por nacemento dun fillo ou morte ou enfermidade dun familiar: Un día.
c) Permisos por traslado de domicilio sen cambio de residencia: Dez días.
d) Permisos para concorrer a exames finais: Tres días.
e) Permisos dunha ou media hora de ausencia do traballo para o coidado de fillo menor de nove meses: Un día.
f) Permisos para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal: Tres días.
g) Permisos por maternidad ou adopción: Tres días.
h) Permisos para asuntos particulares: Dez días.
i) Redución de xornada por razóns de garda legal: Dez días.
j) Ampliación de xornada para quen a ten reducida por garda legal: Dez días.
k) Permisos sindicais: Tres meses.
l) Licenza por estudos sobre materias directamente relacionadas coa Función Pública: Tres meses.
m) Licenza por matrimonio: Dez días.
n) Prórrogas de toma de posesión de postos obtidos por primeiro nomeamento ou concurso: Vinte días.
ñ) Reingreso ao servizo activo de persoal con reserva de praza e destino: Tres meses.
ou) Reingreso procedente de suspensión por tempo inferior a seis meses: Dez días.
p) Excedencia para o coidado de fillos: Un mes.
q) Excedencia voluntaria por outra actividade no sector público, prevista no artigo 29.3.a) da Lei 30/1984: Tres meses.
r) Excedencia voluntaria por interese particular, prevista no artigo 29.3.c) da Lei 30/1984: Tres meses.
s) Excedencia voluntaria por agrupación familiar: Tres meses.
t) Servizos especiais: Dous meses.
ou) Servizos en Comunidades Autónomas: Dous meses.
v) Suspensión do contrato de traballo por servizo militar ou prestación social sustitutoria: Dez días.
w) Suspensión do contrato de traballo por desempeño de posto de alto cargo ou por cargo electivo: Dez días.
x) Xubilacións voluntarias: Tres meses.

Unha vez transcorrido ese tempo sen resposta por parte da Administración entenderase o silencio como positivo.

Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais

Lei 31 1995 Prevencion Riscos Laborais

04/10/11

Abrindo camiños: axudas sociais

O Comité de Empresa foi convocado para hoxe, martes día 4 de outubro, a unha reunión que tivo como único punto da orde do día a proposta de concesión das axudas sociais 2010. Desta volta as axudas sociais rexéronse polas bases xa aprobadas hai anos (2001) polo Concello e en que se baseou a propia convocatoria das axudas.

Dende a CIG xa no noso propio programa recollimos que defendemos que as axudas deben ser verdadeiramente sociais, é dicir, repartidas consonte criterios económicos e das posibilidades dos traballadores. Esta defensa marcará a proposta dunhas novas bases e tamén está na nosa proposta de novo convenio que aínda se está a debater polo plenario do Comité de Empresa.

Na reunión de hoxe deixamos claro por parte da CIG que defendemos que as axudas sexan repartidas entre todo o persoal e que se acabe coa discriminación do persoal non permanente, ou que, cando menos, a proposta de concesión que saía desa reunión, composta, como corresponde, na súa maior parte polo persoal laboral, recolla que a representación do persoal entende que todos os traballadores e traballadoras teñen dereito a estas axudas.

Para alén disto, dende a CIG defendemos que se cumpran as bases actuais e indicamos que se deben dar os pasos para darlle unha maior publicidade a partir de agora ás axudas, para que se publiquen nos taboleiros dos distintos edificios do Concello as listaxes provisionais e definitivas destas e que haxa un prazo para achegar a documentación necesaria para finalizar os trámites. Así pois, valoramos moi positivamente os pasos dados polo Concello tanto na convocatoria como na propia dispoñibilidade para facer a deste ano en curso máis transparente e darlle máis publicidade, mais somos conscientes de que estes pasos déronse grazas ao noso traballo como CIG e dentro do propio Comité onde traballamos a diario para ir abrindo este difícil camiño que xa augurabamos cheo de silveiras.

Instamos, ademais, ao Concello, a que na vindeira convocatoria de axudas, cuxas solicitudes se presentarán, como en anos anteriores, do 1 ao 30 de novembro, a convocatoria da reunión para a resolución sexa menos dilatada no tempo e na medida das súas posibilidades cumpra o prazo previsto nas propias bases, que indican que deben ser resoltas no mes de decembro de cada ano e non case un ano despois, como aconteceu este ano e logo de ter que facer o Comité a solicitude das bases e a convocatoria por rexistro no Concello.

Acordouse, logo, que nas vindeiras semanas se publicarán nos taboleiros as listaxes provisionais das axudas sociais do ano 2010, o Concello notificaralle a falta de documentación ao persoal que non achegase o necesario para a xustificación e abrirase un prazo para achegar esta antes da publicación das listaxes definitivas. Ademais, e tendo en conta que xa estamos a piques de solicitar as axudas sociais de 2011, achegaremos dende o propio Comité o modelo de solicitude e mais as bases aínda vixentes ao maior número de compañeiros e compañeiras para que haxa a máxima difusión posible da información, tal e como defendemos dende o comezo desta andaina.

Curso sobre intervencións de rescate en ríos, riadas e inundacións.

No DOG n.º 190 do martes 4 de outubro de 2011 publícase a convocatoria dun curso sobre intervencións de rescate en ríos, riadas e inundacións.

Horas lectivas: 30
Modalidade: presencial
Edicións: 3
Obxectivos: dotar o persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, a que se refire o artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación necesaria para o exercicio da súa función e que adquira coñecementos teórico-prácticos para poder acometer en suficientes condicións de seguridade un rescate tanto en augas rápidas coma no transcurso dunha inundación

Podes consultar a convocatoria comopleta aquí.

02/10/11

Sobre a excedencia...

Na Lei do Estatuto dos Traballadores:

ARTIGO 46.- Excedencias.

1.- A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito a conservación do posto e ao cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ao traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ao cesamento no cargo público.

2.- O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de se situar en excedencia voluntaria por un prazo non menor a catro meses e non maior a cinco anos. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

3.- Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ao coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, aínda que estes sexan provisionais, a contar desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a dous anos, salvo que se estabeleza unha duración maior por negociación colectiva, os traballadores para atender ao coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia contemplada no presente apartado, cuxo período de duración poderá gozarse de forma fraccionada, constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o inicio desta dará fin ao que, se é o caso, se viñese disfrutando.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme ao estabelecido neste artigo será computábel para efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, á participación dos cales deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o devandito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

Non obstante, cando o traballador forme parte dunha familia que teña recoñecida oficialmente a condición de familia numerosa, a reserva do seu posto de traballo estenderase ata un máximo de 15 meses cando se trate dunha familia numerosa de categoría xeral, e ata un máximo de 18 meses se se trata de categoría especial.

4.- Así mesmo poderán solicitar o seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

5.- O traballador excedente conserva só un dereito preferente ao reingreso nas vacantes de igual ou semellante categoría a súa que houbese ou se producisen na empresa.

6.- A situación de excedencia poderá estenderse a outros supostos colectivamente acordados, co réxime e os efectos que alí se preveñan.


23/09/11

Que non te enganen! Xa estamos cans@s!

SOBRE OS PERMISOS POR DÍAS DE ASUNTOS PROPIOS

Convenio do persoal laboral do Concello de Betanzos (2005)

Art. 4.

As melloras establecidas noutras disposicións de calquera rango, que sexan recoñecidas con posterioridade, serán de aplicación segundo o principio de norma máis favorable, sen perxuizo da aplicación da lexislación vixente.


Estatuto Básico do Empregado Público (2007)

Artigo 1

1. O presente Estatuto ten por obxecto establecer as bases do réxime estatutario dos funcionarios públicos incluídos no seu ámbito de aplicación.

2. Así mesmo ten por obxecto determinar as normas aplicables ao persoal laboral ao servizo das administracións públicas.


Artigo 2

1. Es Este Estatuto aplícase ao persoal funcionario e no que proceda ao persoal laboral ao

servizo das seguintes administracións públicas:

  • A Administración xeral do Estado.

  • As administracións das comunidades autónomas e das cidades de Ceuta e Melilla.

  • As administracións das entidades locais.

  • Os organismos públicos, axencias e demais entidades de dereito público con personalidade xurídica propia, vinculadas ou dependentes de calquera das administracións públicas.

  • As universidades públicas.

Artigo 48

As administracións públicas determinarán os supostos de concesión de permisos aos funcionarios públicos e os seus requisitos, efectos e duración. En defecto de lexislación aplicable os permisos e a súa duración serán, polo menos, os seguintes: m)Por asuntos particulares, seis días.

Artigo 51

Para o réxime de xornada de traballo, permisos e vacacións do persoal laboral rexerá o establecido neste capítulo e na lexislación laboral correspondente.



Lei do Estatuto dos Traballadores (1995- actualizado 2007)

Artigo 15.6

Os traballadores con contratos temporais e de duración determinada terán os mesmos dereitos que os traballadores con contratos de duración indefinida, sen prexuízo das particularidades específicas de cada unha das modalidades contractuais en materia de extinción do contrato e daquelas expresamente previstas na Lei en relación cos contratos formativos. Cando corresponda en atención á súa natureza, tales dereitos serán recoñecidos nas disposicións legais e regulamentarias e nos convenios colectivos de xeito proporcional, en función do tempo traballado.

Cando un determinado dereito ou condición de traballo estea atribuído nas disposicións legais ou regulamentarias e nos convenios colectivos en función dunha previa antigüidade do traballador, esta deberá computarse segundo os mesmos criterios para todos os traballadores, calquera que sexa a súa modalidade de contratación.