Outro dos temas tratados na Reunión do Comité de Seguridade e Saúde que tivo lugar recentemente foi a información sobre os Plans de Emerxencia e Evacuación dos distintos edificios municipais e a necesidade de formar ao persoal para a súa aplicación.
Cal foi a nosa sorpresa cando o Concello admitiu que ten Plan de autoprotección a Escola Infantil Municipal, a pesar de que aínda nunca fixo un simulacro, e porque llo requiran doutros organismos mais nada sabemos do resto de edificios. O técnico da mutua, pola súa parte, concordou en é preceptivo que existan mais para iso o Concello débelle facilitar planos de todas as dependencias e información necesaria para elaboralos.
O Concelleiro de Persoal negouse a fixar un prazo para que se solucione esta cuestión porque debe pensar que é facultativa e di "que xa se fará cando se poida" mais a Lei 31/1995 é clara e un Plan de evacuación dun edificio público non é opcional.
Tendo en conta que os delegados de prevención do Persoal laboral solicitamos a necesidade de que isto se solucione e que o tempo segue pasando, coma sempre, optamos por pedir expresamente o Plan de evacuación da biblioteca municipal, un lugar que recibe moitos cidadáns e que debería ter elaborado e implantado canto antes un protocolo de actuación en caso de emerxencia, para continuar co noso traballo de prevención. Como en anteriores ocasións, transmitímosllo ao goberno, solitámolo por escrito e se transcorrido o prazo administrativo correspondente non obtemos resposta e seguimos sen observar vontade de solucionar a cuestión tomaremos as medidas que consideremos oportunas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario