As mulleres
traballadoras padecen máis problemas de saúde mental que os homes
Saúde laboral
Os datos proveñen dun estudo que veñen de publicar autores do CIBER de
Epidemiología e Saúde Pública na revista Gaceta Sanitaria; o estudo analiza, a
partir da Enquisa Nacional de Saúde de 2011, a prevalencia dos trastornos de
saúde mental entre 7.396 persoas de 16 a 65 anos que traballaban no momento de
realizarse a investigación. O estudo indica que o 19,9% das mulleres
traballadoras en España ten problemas de saúde mental, fronte ao 13,9% dos
homes.
Os problemas
máis comúns que manifesta este 19,9% das mulleres traballadoras no Estado
español son depresión, ansiedade, deterioración social e hipocondría. No estudo
constátase que o 20,5% dos traballadores e o 23,7% das traballadoras con
problemas de saúde mental presentan niveis altos de tensión laboral e que o
30,4% dos homes e o 34,3% das mulleres con este tipo de desordes manifestan
unha baixa satisfacción laboral. Os problemas de saúde mental son máis
frecuentes entre os autónomos (19,2% dos homes e 21% das mulleres) e entre os
traballadores/as temporais ou sen contrato (14% dos homes e 19,8% das
mulleres).
Factores relacionados cos problemas
de saúde mental en traballadores e traballadoras
O Estuda amosa que existen
diferencias de sexo en canto aos factores relacionados cos trastornos da saúde
mental. Así, mentres nas mulleres inflúen máis os factores socioeconómicos, nos
homes cobran máis importancia as variables relacionadas coa situación laboral.
Por exemplo nas mulleres traballadoras,obsérvase unha alta prevalencia de
problemas de saúde mental a medida que avanza a idade e entre aquelas que están
en situación de viudez (29,9%) e de separación ou divorcio (26,7%). Tamén son
máis frecuentes entre as que teñen estudos secundarios (21%) e educación
primaria ou sen estudos (21,6%), e nas clase sociais máis baixas (o 24%
pertence ao estrato máis baixo). Nos homes, os autónomos teñen o dobre de
probabilidade de sufrir algún tipo de problema de saúde mental que os
traballadores por conta allea con contrato fixo; así mesmo obsérvase un
aumento da prevalencia de desordes mentais en homes a medida que aumenta a
tensión ou diminúe a satisfacción laboral.
Os autores do estudo conclúen que
"estes resultados amosan a necesidade de adoptar medidas políticas e
sociais para promover a igualdade e reducir as diferenzas de xénero en saúde
mental".
Ningún comentario:
Publicar un comentario