Nos pasados días os representantes do Comité de Empresa solicitaron unha reunión co concelleiro de Persoal para preguntar por moitos temas que están pendentes e sobre os que o persoal quere información. Na solicitude de reunión rexistrada o pasado martes recóllense, en concreto, os seguintes:
-Situación de falta de persoal da Escola Infantil Municipal.
-Situación do servizo de limpeza municipal
-Tramitación do
convenio colectivo
-Horas extraordinarias
-Información sobre os criterios das prórrogas dos contratos
-Información sobre a paralización da convocatoria
das axudas sociais do ano 2016
-Horarios e permisos para 2017
-Temas de seguridade e saúde laboral
-Indemnizacións por asistencia
a tribunais
-Recoñecementos de antigüidade pendentes
-Estado do proceso de contratación da empresa para a elaboración da RPT e Plan de Emprego
-Orzamentos 2017.
Ningún comentario:
Publicar un comentario