EU-OSHA
A campaña
que promove a Axencia Europea para o bienio 2018-2019 estará adicada ás
sustancias perigosas co fin de incrementar a sensibilización e promover unha
cultura de prevención nos lugares de traballo de toda a UE, centrando a
atención en grupos específicos de traballadores e traballadoras.
Os obxectivos da campaña son os seguintes:- Aumentar a
sensibilización sobre a importancia de previr os riscos que presentan as
sustancias perigosas.
- Fomentar a
avaliación de riscos mediante a provisión de información sobre ferramentas
prácticas e a creación de oportunidades para compartir boas prácticas,
centrándose en:
*eliminación e substitución das sustancias perigosas no lugar de traballo
*xerarquía das medidas de prevención, de modo que se escolla sempre o tipo de
medida máis eficaz).
- Redobrar a sensibilización
sobre os riscos relacionados coa exposición a axentes carcinógenos no traballo.
- Centrar a atención
nos grupos de traballadores/as vulnerables, entre os que se atopan mulleres,
traballadores/as migrantes, mozos/as, traballadores/as con maior risco debido
ao sector ao que pertencen ou ao traballo que desenvolven, traballadores/as
temporais e traballadores/as da economía informal.
- Aumentar o
coñecemento sobre o marco lexislativo que se aplica para protexer a
traballadores/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario