O
grao de satisfacción laboral afecta á calidade do sono, segundo
revela un estudo desenvolvido por un grupo de investigadores
británicos da Universidade de Surrey, o 33 por cento dos empregados
insatisfeitos co seu traballo presenta desordes do sono, fronte ao 18
por cento que se encontran conformes coa súa situación laboral.
Así
mesmo, da investigación despréndese que os asalariados e
traballadores autónomos gozan dun sono moito máis reparador que os
que están desempregados.
De
feito, os investigadores aseguran que o 40 por cento das persoas que
están no paro teñen máis dificultades de conciliar o sono e de non
se espertar ao longo da noite que os que teñen traballo.
O
tipo de traballo dunha persoa tamén inflúe na calidade do sono
pois, segundo sinala o estudo, os que exercen profesións liberais
dormen mellor que o resto dos profesionais.
Por
outra parte, só o 6 por cento dos directivos goza de máis de oito
horas de sono por noite (o que recomendan os expertos), fronte ao 11
por cento dos que non teñen responsabilidades de xestión.
Esta
análise, realizada sobre os datos solicitados en 14.000 fogares do
Reino Unido, apunta ademais que as persoas con maiores niveis de
educación e as que están casadas gozan tamén dun sono de "máis
calidade".
"Tendo
en conta os vínculos entre a saúde, o sono e as circunstancias
sociais e económicas podemos concluír ademais que as persoas máis
desfavorecidas ou as que atravesan problemas económicos ten máis
problemas para conciliar o sono, o cal repercute de forma directa na
súa saúde", explica a profesora da Universidade de Surrey,
Sara Arber.
Fonte:
e-saludable.com
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario