Logo de agardar máis dun ano a negociación efectiva dunhas novas
bases de axudas sociais, de que o Comité presentase por escrito a
proposta de regulamento no mes de marzo de 2012 e que estea próximo
o prazo de finalización de entrega das axudas e non haxa unha
convocatoria pública con toda a información para realizar este
trámite, o Comité instou ao Concello a que publique a convocatoria de axudas sociais de 2013 en todos os
taboleiros dos edificios municipais e informe a todo o persoal dos
prazos e as condicións de solicitude, a que amplíe o prazo estipulado nas bases vixentes, posto que indican
que se presentarán nos 11 primeiros meses do ano e nas vindeiras
semanas finalizaría o prazo oportuno, e debido a isto entendemos
que o prazo debería ampliar o das bases aprobadas en pleno a través
dunha resolución da Alcaldía para que o prazo sexa ata o último
día hábil de decembro e facilitar as solicitudes por parte de todo
o persoal. Ademais, solicitoulle que independentemente da convocatoria de axudas de 2013 se continúe
coa negociación dunhas novas bases de cara a aplicalas en 2014,
posto deben ser aprobadas polo pleno ao igual que as anteriores, e
por moito que se acordasen na actualidade non se poderían aplicar
con carácter retroactivo porque se o criterio é o reparto
inversamente proporcional ás rendas familiares modificaría o
criterio de reparto que se especifica nas bases de 2001 e isto
podería supoñer que algúns traballadores afectados presentasen os
oportunos recursos. e pediulle que se actúe coa máxima celeridade nesta cuestión polos prazos
sinalados e porque segundo as bases aprobadas o prazo finalizaría o
vindeiro sábado 30 de novembro e o persoal a día de hoxe non ten
información ningunha sobre os prazos.
Resulta lamentable que un ano e medio despois de presentar a proposta de novas bases o Comité o Concello paralizase hai meses a negociación a pesar de que no propio pleno se comprometeu a seguir con ela hai case un ano. É obvio que o interese de que as novas bases beneficien a quen máis o necesita non son unha prioridade para o Concello que pretende seguir escondendo sobre o quere parecer un trato igual para todo o persoal o que na realidade é unha discriminación especialmente para o persoal laboral. Agardamos que cando menos o Concello sexa quen de informar ao Comité sobre todo o relativo ás axudas do ano 2013 e lle dea a publicidade pertinente á convocatoria. En todo caso, coma sempre, cando os representantes do persoal teñamos a información darémoslle toda a difusión necesaria, tal e como levamos facendo estes últimos dous anos de cara a que a todo o persoal se poida beneficiar deste dereito recollido no convenio colectivo vixente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario