As
caídas dende as escadas de man son frecuentes e, a miúdo, dan lugar
a lesións graves e mesmo mortais. Entre as causas deses accidentes
figura un uso imprudente pero tamén a utilización de escaleiras en
mal estado ou inapropiadas para o uso concreto que se lles dá. Para
previr estes accidentes, no ano 2007 o Hellth and Safety Executive
británico lanzou a primeira campaña "Cambie a súa escada",
unha especie de plan renove no que colaboraron a asociación
británica de fabricantes de escadas e un bo número de comercios
especializados que, durante a campaña, ofrecían descontos se se
adquiría unha escada nova entregando unha vella. A campaña
estendeuse durante o cuarto trimestre do ano.
O éxito sorprendeu
aos propios organizadores, até o punto de que a campaña se volveu
anual e nos tres primeiros anos logrou a substitución de case 7.000
escadas.Na actualidade, visto o interese económico da promoción, os
fabricantes de escadas asumiron a organización da campaña, que este
ano volve celebrarse nas datas xa tradicionais e compleméntase con
actividades paralelas, como cursos de formación no uso seguro de
escadas. De feito os fabricantes aproveitan a ocasión non só para
vender, senón para promocionar o seu produto, algo posto en dúbida,
defendendo a súa seguridade a condición de que se empregue a escada
axeitada para cada operación e se empregue por persoal debidamente
formado.Outra das actividades paralelas, boa proba do humor inglés,
é un concurso de fotografías nas que se amosa o emprego imprudente
de escadas. De entre as 38 fotografías participantes, a gañadora
foi a que se amosa nesta noticia. Á vista da fotografía, non é de
estrañar que levase o premio.
Fonte:
prevencionintegral.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario