As
mutuas estenden o seu campo de acción para xestionar non só as
continxencias profesionais senón tamén as comúns
Desde
1995 os sucesivos Gobernos españois veñen de aprobar diversas
disposicións legais e regulamentarias de cara a facilitar o control,
mediante as Mutuas, da asistencia sanitaria da clase traballadora por
parte da patronal, conceptuadas estas como asociacións de
empresarios que, sen embargo, xestionan recursos públicos. O
Anteproxecto, que a CIG rexeita, continúa con este proceso de
privatización da xestión da sanidade pública e supón un
agravamento moi importante nesta dirección.
Neste
proceso de privatización progresiva as mutuas estenden seu campo de
acción para xestionar non so as continxencias profesionais
(accidentes de traballo e enfermidades profesionais) senón tamén
continxencias comúns, como a prestación por Incapacidade Temporal
(IT), a prestación por cese de actividade do traballo autónomo,
etc. A CIG oponse a este camiño sen límite da ampliación das
competencias das Mutuas, que abre a porta á xestión privada de todo
tipo de prestacións da seguranza social.
No
Anteproxecto recóllense unha serie de medidas totalmente rexeitables
como a posibilidade das mutuas de intervir desde o primeiro día da
IT, a través de convocatorias e recoñecementos da persoa enferma,
así como a facultade de propor a alta médica e que esta se faga
efectiva si a inspección sanitaria da seguranza social non se opón,
ou non contesta, antes de cinco días. Medidas estas que supoñen un
custe persoal e económico para as persoas enfermas e unha
situación de maior desprotección fronte ás decisións das Mutuas,
que, non o esquezamos, son mutuas patronais onde priman os criterios
de aforro sobre os criterios de saúde na xestión das baixas
médicas.
Non
son medidas para atallar un absentismo desproporcionado, que por
certo estatisticamente ven baixando cada ano, senón para fortalecer
o papel das mutuas e potenciar as súas actuacións de carácter
privado, cuestionando así a profesionalidade do persoal sanitario do
sistema público de saúde.
O
Anteproxecto tamén impón que os Servizos de Prevención de Riscos
Laborais que teñen as Mutuas sexan vendidos antes do 31 de decembro
de 2014. Estes servizos, executados a través de sociedades
mercantís, era o único servizo, de todos os que prestan as mutuas,
que estaba relativamente ben valorado polas empresas e traballadores.
Realmente as mutuas teñen moito interese directo en que funcionen
ben porque, ao fin e ao cabo, son elas as que teñen que pagar as
consecuencias dos accidentes laborais. Pois ben, agora se lles obriga
a que vendan eses servizos, que segundo o goberno afectan á
concorrencia competitiva, e van a ser compradas previsiblemente por
grandes aseguradoras con criterio de puro negocio e sen
representación obreira de ningún tipo como ata agora teñen as
mutuas nos seus órganos de dirección.
No
Anteproxecto cuestionase tamén o financiamento da Fundación de
Prevención de Riscos Laborais, a través da reestruturación das
reservas e excedentes das mutuas. Esta Fundación asesora e atende
principalmente ás pequenas empresas. Si a iso se lle suma que coa
“Lei de Emprendedores”, nas empresas de menos de 25 persoas
empregadas o xefe pode directamente cumprir coas labores de
prevención de riscos, podemos imaxinar en que situación de
desprotección van a quedar os traballadores e traballadoras desas
empresas, que son a grande maioría na Galiza.
Finalmente
, a CIG mostra o seu desacordo co cambio na denominación das mutuas
de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, que o
anteproxecto lles chama agora “Mutuas da Seguranza Social”,
porque dito cambio non é puramente formal, senón que explica
perfectamente a intencionalidade do Goberno español de estender cada
vez máis o eido de actuación das Mutuas na xestión das
continxencias comúns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario