Responsábel
da CIG-Administración Local
O
pasado 19 de decembro aprobábase no Congreso a Lei de
Racionalización e Sostibilidade da administración local, á que se
opuxo a CIG porque reforza o centralismo, promove a privatización de
servizos públicos e pon en perigo a situación laboral do persoal
das entidades locais. Antonio López, responsábel do sector local da
CIG-Administración, explica o contido desta lei e alerta do
deterioro que provocará na calidade dos servizos e, en consecuencia,
na calidade de vida das persoas.
1.
Para xustificar a reforma da administración local o PP asegura que é
unha ferramenta para racionalizar e garantir a suficiencia económica
dos concellos, un argumento que cuestiona a CIG-Administración.
Cales entende que son logo os obxectivos desta lei?
O
principal obxectivo é aumentar o poder centralista do Estado
fortalecendo ás Deputacións Provinciais e favorecer a privatización
dos servizos públicos que prestan os concellos
2.
De feito a reforma limita as competencias e os servizos a prestar
polos concellos. Cales se verán afectados e quen asumirá a súa
prestación?
Nos
concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes será a
Deputación provincial ou entidade equivalente a que coordinará a
prestación de recollida e tratamento de residuos, abastecemento de
auga potable, limpeza viaria, acceso aos núcleos de poboación,
pavimentación de vías urbanas e o alumeado público. As Comunidades
autónomas asumirán competencias que até a data exercían os
concellos en materia de educación, sanidade e servizos sociais.
3.
A privatización de servizos á que fai referencia, como pode
afectar ás usuarias e usuarios?
A
finalidade principal de toda empresa privada é o beneficio
económico. Tendo en conta que a Lei de Contratos das Administracións
establece á empresa concesionaria dun servizo un 21% de IVE, o 6% de
beneficio industrial, e entre o 13 e o 17% dos gastos xerais
dependendo do tipo de actividade, isto supón como mínimo, un
encarecemento do 40% no custo do servizo en relación a prestalo
directamente pola administración. A maioría das empresas
concesionarias dedicaranse exclusivamente á contratación de man de
obra pois os gastos de amortización das instalacións, equipos,
ferramentas, vehículos... xa corre por conta da Administración.
Ás/aos usuarias/os prestaráselles un servizo máis deficitario e
máis caro, pois as taxas incrementaranse para alcanzar a maior
rendibilidade económica.
4.
Moitos destes servizos son prestados por persoal municipal, en que
medida se verá afectado por estes cambios?
Nos
primeiros borradores do proxecto de lei existía unha disposición
adicional que establecía a subrogación do persoal no caso de
traspaso de competencias entre administracións. Aínda que non era
nada novo, pois tanto o Estatuto Básico do Empregado público como o
Estatuto de Traballadores/as indica a situación na que quedarían o
persoal no caso de traspaso de servizos. No proxecto de lei aprobado
no Senado non se fai referencia algunha a esta situación.
A
principal preocupación céntrase pois na posíbel eliminación de
servizos, coa consecuencia inmediata de despedimentos. Tamén hai que
ter en conta, se facemos unha lectura sistemática do contido da
reforma, en relación coa reforma laboral e co disposto no RD
20/2012, que permite deixar sen efecto os pactos, acordos e convenios
en base ao concepto de “grave interese público”. Chegaremos así
a entender que a situación do emprego público nas administracións
locais é moi preocupante.
5.
A reforma introduce tamén aspectos que afectan á Lei de Función
Pública de Galiza canto a persoal laboral e funcionario e mesmo
canto a retribucións.
O
aspecto máis preocupante é que no caso de traspaso de competencias
ás Deputacións e ante a falta de infraestrutura por parte destas
para prestar determinados servizos, provocará a privatización dos
mesmos. Neste caso os beneficios da empresa concesionaria do servizo
virán a través da redución do persoal que o preste, da redución
salarial do persoal que quede, da perda de moitos dos dereitos
laborais das traballadoras/es e, por suposto, de prestar o servizo do
xeito máis económico posíbel o que, á súa vez, traerá como
consecuencia a suba de taxas e unha prestación deficitaria.
6.
Estabelécese finalmente a posibilidade de que os concellos sexan
intervidos?
Este
caso estaba previsto nos primeiros borradores do proxecto de Lei para
concellos con poboación inferior a 5.000 habitantes. No texto
aprobado no Senado non aparece esta posibilidade.
7.
Desde a CIG-Administración denúnciase que reforzando as
competencias das deputacións favorécese un proceso de
recentralización. Por que? En que situación quedan as comunidades
autónomas?
As
Deputacións Provinciais son sucursais do exercicio do poder central
para reducir a autonomía local e tamén o poder autonómico coa
intención de favorecer o provincial converténdose en Delegacións
do Goberno estatal. As Comunidades Autónomas quedan así relegadas a
un segundo plano con parte de competencias que xa na actualidade
tiñan delegadas en materias de educación, saúde e servizos
sociais.
8.
En que medida as deputacións teñen capacidade para asumir as
competencias dos concellos? E en que medida poderán ser prestados
eses servizos en Galiza tendo en conta o modelo de hábitat disperso
que temos?
As
Deputacións non dispoñen de infraestrutura nin de medios persoais
para asumir as competencias que lles encomenda este proxecto de Lei.
É evidente que en Galicia, seguramente máis que en ningún outro
lugar do Estado, a dispersión de concellos imposibilitaría que a
moitos cidadáns se lles presten servizos básicos coas condicións
mínimas aceptábeis.
9.
Ante todo isto, poderíamos falar de reforma ideolóxica?
Por
suposto que si, pero non é algo que sexa exclusivo desta Lei. A
práctica totalidade das Leis aprobadas polo PP obedecen a unha
política neoliberal onde o gran capital pretende enriquecerse cada
vez máis a custo das traballadoras/es e con medidas entre as que se
poden destacar a conxelación de salarios, abaratar o despedimento,
recortar as pensións, flexibilizar o mercado de traballo e
privatizar os servizos públicos para convertelos en negocio.
10.
Porén, a propia FEGAMP, controlada maioritariamente polo PP, tense
manifestado en contra desta reforma.
Si,
pero non precisamente para defender os servizos públicos. Cómpre
lembrar que este proxecto incide nas retribucións e no status dos
membros das corporacións locais polo que non é de estrañar a súa
posición contraria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario