As
persoas beneficiadas poderán percibir 360 euros por cada crianza
A
Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde
pola que se establecen as bases para a concesión da prestación
económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres
anos para este 2014. A Xunta volve excluír destas axudas, por
terceiro ano, ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración
da renda, aínda sen ter a obriga de facelo, polo que será moi
reducido o número de posíbeis beneficiarias da axuda.
Poderán
beneficiarse desta prestación aquelas persoas que teñan fillas/os
menores de tres anos a 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 2.1.2011
e o 1.1.2014, incluídos) e que, durante o ano 2012, nin elas nin
ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen
obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este
período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar
obrigadas a iso.
A
prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada
crianza menor de tres anos e o prazo para entregar as
solicitudes estará aberto até o vindeiro sábado 26 de abril.
No
arquivo adxunto podes consultar a orde publicada no DOG e descargar o
formulario de solicitude.
Ningún comentario:
Publicar un comentario