Son
demandas relativas á parte da paga extra do ano 2012 devengada ao
funcionariado galego
As
organizacións sindicais con presenza na Mesa Xeral da Función
Pública de Galiza anunciaron, esta mañá en rolda de prensa, a
presentación de máis de 400 demandas pola vía do
contencioso-administrativo relativas á paga extra do ano 2012 do
funcionariado galego. Xunto a isto demandaron da administración o
pagamento da parte correspondente desa paga extra sen chegar á vía
xudicial para evitar as custas derivadas.
María
Carme López Santamariña, representante da Área Pública da CIG
(CIG-Ensino, CIG-Saúde, CIG-Administración) explicou que hai xa
varias sentenzas favorábeis onde se recoñece o dereito á
percepción da parte devengada da paga extra do ano 2012 “que nos
fora roubada por parte de todas as administracións” a raíz das
demandas presentadas perante os xulgados tanto para persoal laboral
como funcionario.
Lembra
que no caso do funcionariado, a diferenza do persoal laboral, ten que
se acudir á vía administrativa porque non dispón dos recursos
xurídicos que teñen os laborais a través de conflito colectivo e
que por iso “teñen que presentarse demandas individuais por cada
un dos centros pagadores das administracións públicas (Ensino,
Sergas, universidades, concellos, deputacións...)”.
López
Santamariña agarda que “as administracións, de unha vez, fagan
efectivo o pagamento da parte da paga extra de 2012 sen obrigar a
colapsar xulgados e mesmo evitando que a administración teña que
facer fronte ás costas que vén impoñendo a xustiza”. Costas cuxa
contía media ascende a uns 300€.
A
portavoz da Área Pública denuncia que deste xeito as
administracións están “dilapidando cartos públicos” sen lles
importar que as contías das costas xudiciais sexan moi superiores ás
contías da paga extra que teñen que devolver. “Prefiren gastar
cartos que son de todas e todos nós para retrasar uns pagos que ao
final van ter que facer efectivos empeñándose mesmo en facer
recursos a canta sentenza favorábel que sae dos xulgados”.
A
isto engade que estes cartos “deberían ser destinados a mellorar a
calidade dos servizos públicos e a garantir que conten con persoal
suficiente para unha axeitada atención e prestación dos mesmos”.
Todo
o mundo sabe que a día de hoxe estamos con taxas de reposición
cero, prohibición de ofertas de emprego, amortización de prazas
vacantes co cal a situación, a día de hoxe, en todos os servizos
públicos é moi precaria e mesmo ten provocado xa a desaparición de
servizos básicos que se ben deben ser sempre considerados esencias,
o son aínda máis en momentos de crise como estes.
Máis
info en www.galizacig.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario