SAÚDE
LABORAL
O
estrés, a dependencia das novas tecnoloxías e os problemas
musculares son as principais causas de absentismo no actual mercado
laboral. Un bo sistema de xestión do desempeño pode evitalos.
Dores
de cabeza, problemas de costas, falta de concentración e trastornos
psicosociais son algunhas das patoloxías asociadas ás novas
maneiras de traballar, o medo a quedar sen emprego e o uso abusivo
das novas tecnoloxías.
Aínda
que é certo que as molestías osteomusculares continúan á cabeza
das enfermidades relacionadas coa vida laboral, os problemas
psiquiátricos están a gañar forza. Segundo Antonio Iniesta,
presidente da Asociación Española de Especialistas en Medicina do
Traballo (AEEMT), "o primeiro grupo aumentará polo
envellecemento da poboación laboral española, e a patoloxía
psiquiátrica conforma un caixón de xastre onde sobresaen por
frecuencia os trastornos adaptativos e a ansiedade reactiva".
E
para mostra, as cifras. Xavier Bareza, director do máster
universitario en prevención de riscos laborais da Universitat
Oberta de Catalunya (UOC),
asegura que, a pesar de que "aproximadamente o 45% das baixas
son por causas musculares, sorprende o aumento das patoloxías
mentais, que xa representan o 15% das causas de absentismo".
O
abuso das novas tecnoloxías provocan xornadas eternas que afectan ao
descanso.
O
impacto das novas tecnoloxías está a provocar tecnodependecia,
tecnoestrés e tecnoadicción. Josep Ginesta, responsable da área
laboral e de capital humano de Ribe Salat Consulting, advirte do uso
abusivo que algúns profesionais fan dos dispositivos que nos
manteñen conectados á oficina. "Esta obsesión dá lugar ao
aumento da síndrome do traballador queimado", alerta Ginesta
quen, ademais, avisa de que poden orixinar xornadas eternas, o que
resta horas de descanso aos profesionais.
Ginesta
non é o único en poñer o foco de atención sobre as TIC. Simon
Dolan, profesor de Esade, tamén considera que, aínda que as novas
tecnoloxías chegaron para axudarnos, algunhas empresas as utilizan
como un xeito de controlar os seus traballadores: "Hai máis
presión coa tecnoloxía. Ademais, os empregados saben que o traballo
escasea e se senten obrigados a estar sempre atentos. Cando non
podemos separar as responsabilidades laborais do descanso xorden
moitos problemas". Pero Dolan considera que a responsabilidade
última é do profesional que debe ser consciente deste enganche.
Javier
Merino, director en España de Recursos Humanos e comunicación de
Bull, recomenda "un bo sistema de xestión do desempeño ligado
a resultados e non a horas para solucionar os males dos traballadores
do século XXI". A eficiencia non debe estar suxeita a horario.
A
falta de oportunidades tamén enferma
Aínda
que a definición de saúde laboral require ter emprego, o certo é
que estar fóra do mercado comporta un risco psicosocial.
Frustración, depresión e falta de autoestima son algunhas das
patoloxías que sofren os que se encontran en situación de
desemprego.
Simon
Dolan, profesor de Esade, considera que moitos dos problemas
psicolóxicos asociados ao paro se producen pola desilusión que xera
non saber buscar un novo emprego. Cando alguén se encontra ante este
dilema debe pedir axuda. Os psicólogos saben que a depresión
aparece cando nos sentimos vítimas, cando cremos que non temos
control sobre a nosa vida,".
Normalmente
son os profesionais que se ven na rúa tras décadas traballando para
a mesma empresa os que o sofren. Así o cree Xavier Baraza, director
do máster universitario en prevención de riscos laborais
da Universitat
Oberta de Catalunya (UOC),
quen apunta tamén a outro colectivo como de risco: a xeración
perdida, os mozos de pouco máis de trinta anos que deixaron os
estudos para traballar na construción e agora se ven obrigados a
reciclarse.
Poñerse
límites tampouco facilita o labor de encontrar un novo posto e pode
orixinar reveses cando esa persoa debe rebaixar as súas aspiracións.
Os maiores de 45 anos que descobren a dificultade para recolocarse
poden sufrir tamén esta frustración. Acudir a profesionais que te
axuden nesta tarefa e ampliar o raio de busca poden ser de grande
axuda.
Fonte:
expansión.com
Máis
info www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario