HIXIENTE
A
ciencia coñecía xa os efectos adversos para a saúde que pode
chegar a ocasionar pinturas e pegamentos. Agora un estudo da Escola
de Saúde Pública de Harvard (EUA) sinala que as persoas que están
expostas a pintura, pegamento ou fumes desengraxantes no traballo
poden ter problemas de memoria e pensamento durante a vellez cando se
xubilan, décadas despois da súa exposición.
"Os
disolventes representan un risco real para a saúde cognitiva no
presente e o futuro dos traballadores e, como a idade de xubilación
aumenta, a cantidade de tempo que as persoas están expostas tamén
sobe", alerta a autora do estudo, Erika L. Sabbath.
Ao
subir a idade de xubilación tamén hai o o tempo que as persoas
están expostas. O estudo -publicado na edición imprimida de
Neurology- incluíu a 2.143 xubilados da empresa de servizo público
nacional francesa, dos que se avaliou a súa exposición de por vida
aos disolventes clorados e os derivados do petróleo e o benceno,
incluíndo o tempo da última exposición e a dose de por vida.
Dos
participantes, o 26% foron expostos ao benceno, o 33%, aos
disolventes clorados e o 25%, aos derivados do petróleo. O benceno
úsase para fabricar plásticos, caucho, tinguiduras, deterxentes e
outros materiais sintéticos, mentres os disolventes clorados se
poden encontrar nas solucións de limpeza en seco, limpeza de
motores, decapantes e desengraxantes, e os disolventes derivados do
petróleo se utilizan en goma das alfombras, ceras para mobles,
pintura, diluínte de pintura e verniz.
Os
participantes completaron oito probas de memoria e habilidades de
pensamento uns dez anos despois de xubilarse, cando tiñan uns 66
anos. O 59% dos participantes presentaban deterioración en entre
unha e tres das oito probas; o 23% tiña deficiencias en catro ou
máis probas, e o 18% non tivo unha puntuación deficiente en
ningunha.
Persoas
expostas entre 12 e 30 anos mostraron deterioración en case todas as
áreas cognitivas. A investigación encontrou que as persoas con alta
exposición recente aos disolventes se encontraban en maior risco de
déficit de memoria e de pensamento.
Por
exemplo, as persoas con alta exposición recente aos disolventes
clorados tiñan un 65% máis de probabilidades de presentar
puntuacións deterioradas nas probas de memoria e atención visual e
a conmutación de tarefas que os que non foron expostos aos
disolventes. Os resultados foron os mesmos despois de ter en conta
factores como o nivel de educación, a idade, o tabaquismo e o
consumo de alcohol.
"As
persoas con alta exposición nos últimos entre 12 e 30 anos
mostraron deterioración en case todas as áreas de memoria e
pensamento, incluídas as que non adoitan asociarse coa exposición a
disolventes", detalla Sabbath.
Pero
o que realmente chama a atención é que tamén se detectaron algúns
problemas cognitivos nos que foran altamente expostos hai moito máis
tempo, ata 50 anos antes da proba, o que suxire que o tempo non pode
diminuír por completo o efecto da exposición a disolventes
nalgunhas habilidades de memoria e cognitivas cando a exposición de
por vida é alta.
Esta
experta cre que os resultados poden ter implicacións nas políticas
sobre os límites de exposición aos disolventes no lugar de
traballo.
Fonte
:Preventionworld.com
Máis
info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario