Nestes días hai tres anos que este blog comezaba a súa andaina pola rede, hoxe, perto das 17 000 visitas demostráronnos que a información era máis que necesaria e dende a Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos queremos agradecer a fidelidade dos/as nosos/as lectores/as que é a que fai que este pequeno recuncho na rede siga adiante.
Lembrando aquel 17 de maio de 2011 e a entrada de apertura do blog non podemos máis que dicir que as palabras seguen vixentes e o obxectivo co que o abrimos cúmprese con cada nova da que informamos, os agradecementos tamén seguen sendo os mesmos, a todos/as aqueles/as que nos apoiaron no camiño e tamén, porqué non, a quen nos puxo pedras porque iso nos fixo máis fortes e nos axudou a continuar con máis ganas.
Benvid@s!
Dende a CIG do
Concello de Betanzos abrimos esta xanela ao mundo ao momento que
iniciamos a nosa andaina neste Concello betanceiro.
Agardamos
que este espazo resulte de utilidade para todos os compañeiros e
compañeiras do Concello que desexen estar ao día do que está a
acontecer neste no que ten a ver co persoal.
Sen dúbida
non poderiamos iniciar a andaina neste camiño sen a colaboración da
Unión Comarcal da Coruña da Confederación Intersindical Galega, e,
como non, de todas as compañeiras e compañeiros que apoiaron e
apoian a CIG neste Concello dende que a necesidade dun cambio nos
nosos representantes sindicais e os sindicatos maioritarios ata este
momento no Concello comezou a coller forzas.
O cambio de
rumbo na representación sindical do Concello de Betanzos está nas
nosas mans, e dende a CIG traballaremos arreo pola mellora da
situación laboral de todos os traballadores e traballadoras desta
Administración local.
Agardamos que este espazo resulte de utilidade para todos os compañeiros e compañeiras do Concello que desexen estar ao día do que está a acontecer neste no que ten a ver co persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario