Denuncia que a administración volveu remitir o texto sen apenas cambios e sen aceptar ningunha das emendas presentadas hai máis de un ano
A
Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galiza volveu
remitir o anteproxecto de Lei do Emprego de Galiza e deu un novo
prazo para a súa revisión que remata este venres. Tras analizalo, a
CIG-Área Pública reitera o seu rexeitamento á totalidade do texto
e solicita a súa retirada. Denuncia que apenas se introduciron
modificacións e que non se aceptou ningunha das emendas presentadas
hai máis de un ano.
A
Área Pública da CIG na que están integradas as federacións de
Ensino, Saúde e Administración considera que este ‘mal
chamado’ anteproxecto de Lei do Emprego Público de Galiza, é en
realidade unha nova Lei de Función Pública Galega pero que non
contempla o dereito á negociación colectiva nas administracións
públicas; non recolle a recuperación dos dereitos laborais e
económicos sustraídos aos traballadores e traballadoras das
administracións públicas; non promove a recuperación do emprego
público en Galiza e tampouco recolle a defensa dos servizos
públicos, entre moitas outras cuestión.
A Área Pública denuncia que porén si é un proxecto de Lei que posibilitará “impulsar o desmantelmamento dos servizos públicos e camiñar cara unha administración totalmente dixital, onde desparecerá a necesaria independencia dos empregados/as públicos/as no desempeño das súas tarefas”.
O
novo borrador do anteproxecto de LEPG apenas introduce modificacións
respecto do enviado en abril do ano 2013 e a CIG-Área Pública
ratifica e mantén todas as alegacións presentadas en maio dese
mesmo ano.
Daquela
remitiu un escrito no que se recollína unha serie de consideración
xénericas aos apartados relativos a : 1.- Regulación e definición
Persoal directivo; 2.- Carreira profesional e novo sistema de
retibucións; 3.- Normalización lingua galega nas admininistracións
públicas e 4.- Supresión Plus dos altos cargos.
Xunto
a este, presentou, xa en abril do pasado ano un texto onde se
recollían centos de alegacións á totalidade do articulado.
Por
iso manifesta, unha vez máis, a súa oposición aos "paripés"
de negociación do ano 2013. Un ano no que “se perderon moitas
horas en facer lectura das alegacións xa presentadas por escrito por
parte de esta organización sindical ante a administración,
para que finalmente o texto que nos remiten novamente non recolla
ningunha das nosas propostas e apenas contemple modificacións co
inicialmente enviado”, denuncia a Área Pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario