O
Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, deulle a razón a un home
que sufriu un ictus cerebral con 35 anos fóra do horario laboral e
confirmou que ese infarto, que lle provocou graves secuelas que lle
impiden desenvolver calquera traballo, é accidente laboral. A sala
do social deste Tribunal, rexeita o recurso que contra o fallo dun
xulgado do social presentou a mutua de accidentes e confirma que se
tratou dun accidente laboral. O fallo asegura que, nos días previos
a ictus, o traballador «atopábase tenso, con mareos».
O
Alto Tribunal admite que o empregado estaba sometido a «unha
situación de tensión importante cun ritmo de traballo alto» e
ademais de atoparse preocupado pola perspectiva dun ascenso xa que
podía ser nomeado director comercial nun futuro próximo.
«Esta
situación xerou no traballador unha tensión que pode ser definida
como unha estratexia adaptativa do organismo que pon ao individuo en
disposición de afrontar as situciones anómalas mediante
modificacións neuroendocrinas que poden dar lugar a enfermidades
patolóxicas, sen que poida descartarse que a tensión sexa causa
directa do ictus». Ademais de lembrar que o traballador non sufría
ningunha patoloxía, o avogado defensor explicou que a presión á
que estaba sometido o traballador chegou ao punto de que o xefe lle
mandaba numerosos correos electrónicos dándolle instrucións fóra
da xornada laboral, incluso os fins de semana.
Fonte
:preventionworld.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario