O
PP anuncia que retira a emenda que permitía
botar á rua ao persoal laboral indefinido non fixo con
dereito á consolidación de emprego.
Ao
pouco de que tivésemos coñecemento desta emenda introducida de
tapadillo na Lei de Racionalización, o Partido Popular anuncia a
marcha atrás e retirada da mesma. Entre outras eivas que pode haber,
non convocaron á Mesa Xeral das Administracións Públicas en Madrid
na que a CIG está presente, o cal pode ser unha eiva invalidante ao
haber falta de negociación, e sabedores diso optan por tocar a
corneta e anunciar a retirada.
Como
xa anunciamos no Boletín
de Servizos Centrais o
Partido Popular, xustificaba a emenda como unha “mellora técnica”
e establecía o seguinte para facer efectivo que as amortizacións
non só se van aplicar aos indefinidos non fixos en xeral, senón a
todos/as, incluídos os/as que teñen declaración de indefinidos non
fixos ditadas con anterioridade á entrada en vigor desta Lei:
“...será
de aplicación a todas aquelas relacións xurídicas de indefinidos
non fixos que se mantivesen coa Administración na data de entrada en
vigor desta Lei calquera que fose a data da declaración como
indefinido non fixo do traballador afectado ou a causa que la tivese
motivado”.
Dende
a CIG imos estar vixiantes de que o que anuncia o cumpran.
Nova tirada de www.cigadmon.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario