ACCIDENTE LABORAL
A
Fiscalía do Principado de Asturias solicita a condena a un ano e dez
meses de prisión e o pagamento dunha multa de 6.000 euros para cada
un dos tres acusados por un accidente laboral acontecido en 2010
nunha empresa dedicada á construción de estruturas metálicas.
Os
feitos aconteceron cando un operario estaba a cargar vigas de metal
superpostas -cada unha medía 3,5 metros de longo e pesaba 500
quilos- na caixa dun camión, coa axuda dunha ponte grúa. Cando este
traballador xa colocara, nunha primeira carga, sete vigas que
alcanzaban unha altura de 1,5 metros e se dispoñía a colocar a
segunda carga, as da primeira movéronse, derrubáronse e atraparon o
corpo do operario, na súa parte inferior.
A
Fiscalía entende que o accidente se debeu a que o mantemento e a
utilización do lugar de traballo, así como a maquinaria empregada,
eran inadecuados no momento da carga do camión. Ademais, as vigas
cargadas non estaban suxeitas nin estabilizadas, o que conduciu ao
aparatoso accidente.
Os
tres acusados son o xefe de taller, o administrador da empresa e o
técnico de prevención; eran, segundo a acusación, coñecedores dos
métodos empregados polos traballadores encargados do manexo de
cargas.
O
fiscal considera os feitos constitutivos dun delito contra a vida e
saúde dos traballadores, ademais dun delito de lesións imprudentes,
aínda que só xulgarase o primeiro deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario