Segundo a Lei de Prevención de
Riscos Laborais do ano 1995 o Comité de Seguridade e Saúde ten a
obriga de reunirse, como mínimo, cada tres meses. Neste Concello e
ata a chegada deste Comité de Empresa non hai constancia documental
de que nunca se chegase a constituír nin de que os anteriores Comité
tivesen, nin sequera, designados delegados de prevención de riscos
laborais, tal e como era a súa obriga.
Logo dunha denuncia na Inspeccióndos delegados de prevención o Concello xa hai un tempo viuse naobriga de constituílo, dende aquela comezouse a tratar levemente
estes temas máis importantes, aínda tendo en conta que son moi
complicados e vai levar un tempo que todo se desenvolva con
normalidade, tal e como sería de esperar nunha Administración
pública. Neste ano 2014 o Comité levaba sen se reunir dende o mes
de xaneiro, logo de que a Inspección o apercibira pola penosasituación das obras na Casa Consistorial e tanto dende o Comité de
Empresa como os delegados de prevención da CIG solicitaron en
diversas ocasións que así se fixese, mesmo se viron na obriga devolver á Inspección de Traballo para denunciar que este organismo
non se reunía coa asiduiadade mínima a que obrigaba a lei. A propiaInspección respondeu indicando que o Concello admitía abertamentenon cumprir os prazos e lembroulle ao Concello as súas obrigas enmateria de prevención de riscos laborais.
Logo e todo este periplo para que
o Concello cumpra a lei a semana pasada dende a CIG volveuse a
insistir tanto verbalmente como por escrito en que había que
convocar o Comité de Seguridade e Saúde e propúxoselle ao Concello
unha serie de puntos na orde do día, aí tedes a solicitude
realizada polo delegado de prevención da CIG:
Onte mesmo e para mañá o Concello acaba de convocar o Comité de Seguridade e Saúde para tratar os temas solicitados por parte da CIG, ademais, de algún outro que xa levaba meses pendente. Para alén de que o Concello terá que dar conta das avaliacións de riscos laborais e os plans de prevención de riscos laborais pendentes, trataranse especialmente as deficiencias dalgúns centros de traballo, como nomeadamente as condicións infrasaudables da Oficina de Turismo, un espazo de traballo sen servizo, sen saída de urxencia, con escasa iluminación e uns niveis de humidade pouco recomendables para a saúde de calquera traballador. Outro tema fundamental será que no local de Obras clausurado logo da visita da Inspección de Traballo segue entrando persoal e que temos serias dúbidas sobre que as condicións de traballo do pintor e da situación dos produtos tóxicos (hai que lembrar que o Concello tamén tivo que trasladar ao pintor logo de que Inspección visitase as instalacións de Bellavista) sexa a máis adecuada. Os vestiarios, ou máis ben, a falta deles en moitos servizos que o deberían ter será outra das reclamacións e a necesidade de comezar coas análise psicosociais, un tema sobre o que nunca se ten tratado neste Concello e que consideramos de máxima importancia tendo en conta como a mala organización do traballo, especialmente nalgúns departamentos, está a repercutir na saúde do persoal.
Se algo está claro é que neste ámbito aínda se están a dar os primeiros mais necesarios pasos, mais tamén está claro que ao resto dos sindicatos non lles debe interesar moito porque de non ter ido a CIG en varias ocasións á Inspección de Traballo hoxe nin estaría constituído o Comité de Seguridade e Saúde nin se estaría comezando a falar deste tema tan importante, porque a fin de contas, ninguén pode discutir a importancia da seguridade e a saúde no traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario