A
guía "Plan tipo de Seguridade Vial na Empresa. Guía
metodolóxica" está especialmente dirixida aos responsables de
prevención de riscos laborais das empresas así como aos servizos de
prevención alleos, sendo o seu principal obxectivo proporcionar
información a empresas e traballadores sobre os aspectos máis
relevantes da xestión da seguridade vial no ámbito empresarial,
especialmente co fin de reducir os riscos relacionados cos
desprazamentos in itínere, se ben é igualmente útil a súa
aplicación á seguridade vial dos desprazamentos dentro da xornada
laboral.
A
Dirección Xeral de Tráfico editou o manual "Plan tipo de
Seguridade Vial na Empresa. Guía metodolóxica", froito do
convenio de colaboración asinado entre os Ministerios de Emprego e
do Interior en marzo de 2011. Este acordo pretende promover plans de
mobilidade e seguridade vial nas empresas, que poden verse
beneficiadas dunha redución das cotizacións á Seguridade Social en
aplicación do Real Decreto 404/2010.
O
risco de sufrir un accidente nos desprazamentos ao traballo é
resultado da confluencia de varios factores: humano, vía, vehículo
e ámbito. Todos estes factores son analizados neste documento. Así
mesmo, faise fincapé en que o éxito dun plan de seguridade vial de
empresa se basea na participación activa de todos os implicados,
dende os empresarios e executivos de alta dirección, e incluíndo
todos os niveis organizativos e operativos da empresa.
Este
manual ofrece unha proposta metodolóxica en cinco etapas, que
servirá de apoio e referencia as empresas á hora de elaborar o seu
propio plan de seguridade vial. Así mesmo, faise referencia a un dos
instrumentos nos que a Dirección Xeral de Tráfico se apoia para dar
resposta a este problema, trátase das propias experiencias dos
axentes implicados, os casos concretos cos que se encontran día a
día as empresas estatais, os problemas que supoñen e a forma de
abordalos.
Editada:
DGT
Ningún comentario:
Publicar un comentario