A
Sensibilidade Química Múltiple é unha síndrome crónica que se
presenta como un conxunto de síntomas vinculados a diversos axentes
e compoñentes que se atopan no medio, e que rematan por producir
reaccións diversas nas persoas afectadas como consecuencia de baixos
niveles de exposición a diferentes químicos. Os síntomas poden ser
dende leves ata graves e discapacitantes. Cada vez é máis frecuente
este transtorno no ámbito laboral, provocando nas traballadoras e
traballadores que o sufren alteracións importantes na súa vida
profesional e persoal.
A
Sensibilidade Química Múltiple non está recoñecida, a día de
hoxe, como unha enfermidade profesional. De aí a importancia que
teñen as sentenzas que podes visualizar no apartado de documentos
adxuntos.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario