Psicosocial
Os
informes SESPAS (Sociedade Española de Saúde Pública e
Administración Sanitaria) realízanse cada dous anos desde 1998 por
profesionais e científicos sobre grandes temas e debates sanitarios
e sociais; teñen unha notable proxección sobre a determinación de
políticas sociosanitarias no Estado español, o desenvolvemento de
estratexias cara á saúde da poboación e están dirixidos ao
sistema sanitario. O informe SESPAS 2014, cuxo título é: "Crise
económico-financeira e saúde en España. Evidencia e perspectivas"
ocupa 146 páxinas e analiza o impacto da crise na saúde e os
comportamentos relacionados con ela. Analiza tamén os cambios no
sistema sanitario español por mor das medidas adoptadas para
afrontar a crise e valorar o seu posible impacto na saúde.
Dentro
do informe, nun dos apartados titulado: "Crise económica e
saúde mental", estudáronse diversas características de 5.876
pacientes, correspondentes a 1.175 médicos de atención primaria
durante o ano 2010, co obxectivo de determinar as consecuencias das
crises económicas sobre a saúde dos ciudadanos.
Algunhas das
conclusións do estudo son as seguientes:
-
Os trastornos do estado de ánimo aumentaronun 19% aproximadamente
entre 2006 e 2010, os trastornos de ansiedade, un 8%, e os trastornos
por abuso de alcol, un 5%.
-
O desemprego e os factores asociados están relacionados cunha maior
prevalencia de trastornos mentais en xeral e de depresión en
particular;as persoas desempregadas presentan un risco entre dous e
sete veces maior de padecer depresión.
-
Existe un risco do 3,1% de padecer depresión atribuído ao
desemprego.
-
Apreciouse un incremento na prevalencia dos trastornos mentais do 21%
nas mulleres e do 21,7% nos homes entre os anos 2006 e 2010.
-O
incremento relativo dos trastornos mentais entre 2006 e 2010 en
España foi do 1,83% en relación coa depresión menor e do 2,34%, en
relación coa depresión maior.
-
A venda de psicofármacos aumentou un 4% e, en concreto, a venda de
antidepresivos aumentou un 10%, aproximadamente.
-
O desemprego constitúe o factor de risco máis importante para o
aumento da dependencia do alcol nas mulleres durante o período de
crise.
O
informe conclúe con algunhas propostas para reducir o impacto da
crise na saúde mental: incrementar os servizos comunitarios e as
políticas activasde emprego, reducir o consumo de alcol, e previr
condutas suicidas, en especial, na poboación nova.
Ligazón Informe
SESPAS 2014
Fonte:
INSHT
Ningún comentario:
Publicar un comentario