O
pasado 1 de febreiro o electricista falecido reparaba unha avaría
nun poste eléctrico de media tensión; cando estaba na parte
superior do poste, sufriu unha descarga a consecuencias da que caeu
dende 14 metros de altura e faleceu. A finais do mes de febreiro, no
marco dunha operación denominada “Imprudente”, a Garda Civil
procedeu a detención de tres traballadores, compañeiros do
falecido, como presuntos autores dun delito de homicidio imprudente,
así como de un delito contra o dereito dos traballadores.
Na
investigación do accidente se estudiou o funcionamento e
distribución das estacións, subestacións e dirección das liñas
de tensión na zona, así como os protocolos de traballo da empresa
que ten encomendado o mantemento da liña.
Segundo
a investigación, o traballador falecido subiu ao poste sen atar o
arnés da corda de seguridade e sen que se tivese comprobado a
ausencia de tensión nin se tivesen colocado as tomas de terra
portátiles na totalidade das fases co fin de crear unha zona de
traballo segura. Tendo en conta as funcións que cada un dos membros
da brigada tiña encomendadas, a Garda Civil determinou que estos son
os supostos autores dun delito de homicidio imprudente así como dun
delito contra os dereitos dos traballadores por unha imprudencia
grave, por non evitar que o falecido subise ao poste, sen tomar
antes as medidas de seguridade oportunas.
As
dilixencias instruidas pola Garda Civil, xunto cos detenidos, foron
postas a disposición do Xulgado de Instrucción nº 4 de Almería.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario