27/05/15

2 DE XUÑO, ELECCIÓNS SINDICAIS DO PERSOAL LABORAL

O vindeiro 2 de xuño son as eleccións sindicais do persoal laboral do Concello de Betanzos. As votacións terán lugar no edificio Liceo entre as 10:00 h e as 14:00 h e para identificarse é preciso levar o documento de identidade.

As prazas vacantes que o goberno non cubriu ao longo dos pasados anos fan que por primeira vez na historia deste Concello o Comité de Empresa estea composto por 5 membros, no canto de 9, como ata o momento. Baixa o número de delegados sindicais e baixa o número de representantes dos traballadores e traballadoras ante o Concello.

Segundo os censos, nos que hai que destacar por primeira vez o censo de persoal técnico e administrativo é maior que o de especialista e non cualificado, escóllense 3 delegados para o primeiro colexio e 2 para o segundo.


As candidaturas da CIG para as eleccións do persoal laboral do Concello de Betanzos no ano 2015 son as seguintes:


COLEXIO DE TÉCNICOS/AS E ADMINISTRATIVOS/AS

  1. SILVIA MUÍÑO NAVEIRA
     (TÉCNICA SERVIZOS XERAIS)
  2. MANUEL ROMÁN CATRO VARELA "LITO" 
    (SERVIZOS MÚLTIPLES)
  3. GONZALO RIVAS CARRO
     (TÉCNICO SERVIZOS XERAIS)
  4. MARIA CARMEN PITA ROEL
     (PROFESORA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL)
  5. VANESSA PENA PAN 
    (TÉCNICA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL)
  6. JUAN CARLOS CASAL MUÍÑO 
    (PROFESOR CONSERVATORIO MUNICIPAL)

COLEXIO DE ESPECIALISTAS E NON CUALIFICADOS/AS


  1. JORGE AMARANTE RODRÍGUEZ 
    (XARDINEIRO)
  2. MARCOS DOPICO SÁNCHEZ 
    (CONSERXE CASA CONSISTORIAL)
  3. RAQUEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ 
    (LIMPADORA CEIP FRANCISCO VALES VILLAMARÍN)
  4. JUAN MANUEL PÉREZ MUÍÑO 
    (CONSERXE COMPLEXO SAN FRANCISCO)
  5. LUIS VICENTE TEIJO MARTÍNEZ "PITI" 
    (ELECTRICISTA)
  6. ROSA MARÍA GARCÍA LÓPEZ 
    (AUXILIAR AXUDA A DOMICILIO)



Ningún comentario:

Publicar un comentario