O vindeiro 2 de xuño son as eleccións sindicais do persoal laboral do Concello de Betanzos. As votacións terán lugar no edificio Liceo entre as 10:00 h e as 14:00 h e para identificarse é preciso levar o documento de identidade.
As prazas vacantes que o goberno non cubriu ao longo dos pasados anos fan que por primeira vez na historia deste Concello o Comité de Empresa estea composto por 5 membros, no canto de 9, como ata o momento. Baixa o número de delegados sindicais e baixa o número de representantes dos traballadores e traballadoras ante o Concello.
Segundo os censos, nos que hai que destacar por primeira vez o censo de persoal técnico e administrativo é maior que o de especialista e non cualificado, escóllense 3 delegados para o primeiro colexio e 2 para o segundo.
As candidaturas da CIG para as eleccións do persoal laboral do Concello de Betanzos no ano 2015 son as seguintes:

COLEXIO DE TÉCNICOS/AS E ADMINISTRATIVOS/AS
- SILVIA MUÍÑO NAVEIRA
(TÉCNICA SERVIZOS XERAIS) - MANUEL ROMÁN CATRO VARELA "LITO"
(SERVIZOS MÚLTIPLES) - GONZALO RIVAS CARRO
(TÉCNICO SERVIZOS XERAIS) - MARIA CARMEN PITA ROEL
(PROFESORA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL) - VANESSA PENA PAN
(TÉCNICA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL) - JUAN CARLOS CASAL MUÍÑO
(PROFESOR CONSERVATORIO MUNICIPAL)
COLEXIO DE ESPECIALISTAS E NON CUALIFICADOS/AS
- JORGE AMARANTE RODRÍGUEZ
(XARDINEIRO) - MARCOS DOPICO SÁNCHEZ
(CONSERXE CASA CONSISTORIAL) - RAQUEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
(LIMPADORA CEIP FRANCISCO VALES VILLAMARÍN) - JUAN MANUEL PÉREZ MUÍÑO
(CONSERXE COMPLEXO SAN FRANCISCO) - LUIS VICENTE TEIJO MARTÍNEZ "PITI"
(ELECTRICISTA) - ROSA MARÍA GARCÍA LÓPEZ
(AUXILIAR AXUDA A DOMICILIO)

Ningún comentario:
Publicar un comentario