O goberno en funcións convoca aos representantes sindicais na xornada de reflexión un día antes das eleccións e de que a representatividade e poder de decisión nesa Mesa Xeral poida cambiar logo das eleccións de persoal laboral e funcionario que terán lugar o vindeiro martes 2 de xuño.
Máis unha vez convoca a Mesa sen respectar os prazos mínimos legais para a convocatoria dunha Mesa Xeral de Negociación e non achega ningunha documentación por escrito para que non se poida levar preparado o tema a tratar. As vellas fórmulas de hai catro anos son recuperadas por un goberno en funcións que parece que traballa xa coma se tivese a maioría absoluta e tenta interferir así na xornada de reflexión antes das eleccións sindicais do persoal laboral (o persoal funcionario non debe necesitar tal posto que fixo un calendario que esquece cousas como a campaña, ou a xornada de reflexions, debe estar todo tan medido que nin precisan cumprir uns mínimos para a campaña das eleccións sindicais).
A CIG solicitará por escrito todo o que se trate sobre a RPT, esquecida durante 4 anos e resucitada agora polo goberno en funcións, e tomará as medidas que legalmente procedan no caso de que se tomen acordos sen negociación e non se cumpran os parámetros legais que rexen este tipo de convocatorias, como está sendo o caso desde os prazos da propia convocatoria entregada sen documentación ningunha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario