Os delegados de prevención da CIG presentaron nos pasados días unha denuncia na Inspección de Traballo polas condicións da Oficina de Turismo.
Este tema foi falado en diversas ocasións co goberno ao longo destes anos sen solución aos diversos problemas, ademais se a isto lle engadimos que logo de que o Concello de Betanzos leve desde outubro de 2014, é dicir, 8 meses, sen convocar a reunión do Comité de Seguridade e Saúde, que por lei debe reunirse trimestralmente, levaron a tomar a decisión de poñer en coñecemento da Inspección de Traballo da Coruña as condicións deste espazo de traballo que incumpren diversa normativa en materia de seguridade e saúde laboral.
En concreto, os compañeiros achegáronlle á Inspección fotografías do estado das paredes do devandito centro de traballo, que demostran que a humidade do lugar. A temperatura excesivamente alta deste centro tamén é algo que se nota nada máis entrar e se a isto lle sumamos problemas de ventilación, que non ten servizo hixiénico, unha iluminación escasa e que non dispón de saída de urxencia, os delegados de prevención da CIG non podían deixar correr esta situación á vista de que o goberno municipal pasa amplamente de convocar o Comité de Seguridade e Saúde e de que os compañeiros finalizan o mandato en calidade de delegados o vindeiro 2 de xuño e o novo Comité será o que escolla os novos delegados de prevención de riscos laborais.
A situación de varios centros municipais causou diversas denuncias nestes anos, mais no eido da seguridade e saúde laboral fica un traballo aínda moi grande á vista das deficiencias que demostran algúns centros de traballo, como é o caso do que se puxo en coñecemento nesta denuncia.
En concreto, no escrito presentado, faise referencia á seguinte lexislación:
Real
Decreto 286/2006 de 10 de marzo sobre a protección da saúde e
seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa
exposición ao ruído.
Convenio 148 da Organización Internacional do Traballo relativo ao
medio ambiente no traballo 24 de novembro de 1980.
Directiva 89/654/CEE (30 de novembro) de
30 de novembro de 1989, relativa ás disposicións mínimas de
seguridade e de saúde nos lugares de traballo
Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais,
artigo 20, sobre medidas de emerxencia.
Real Decreto 486/1997, de 14 de abril, polo que se establecen as
disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de
traballo, con respecto ao cal habería que lembrar especialmente os
artigos 3, 5, 7, 8 e 9 e os anexos 1, 3, 4 e 5 que indican o
seguinte:
3.
"En calquera caso, os lugares de traballo deberán cumprir as
disposicións mínimas establecidas no presente Real Decreto canto
ás súas condicións construtivas, orde, limpeza e mantemento,
sinalización, instalacións de servizo ou protección, condicións
ambientais, iluminación, servizos hixiénicos e locais de descanso,
e material e locais de primeiros auxilios"
5.
"O orde, a limpeza e o mantemento dos lugares de traballo
deberá axustarse ao disposto no anexo II".
7.
"A exposición ás condicións ambientais dos lugares de
traballo non deberá supor un risco para a seguridade e saúde dos
traballadores. A tal fin, as ditas condicións ambientais e, en
particular, as condicións termohigométricas dos lugares de
traballo deberán axustarse ao anexo III"
8.
"A iluminación dos lugares de traballo deberá permitir que os
traballadores dispoñan de condicións de visibilidade adecuadas
para poder circular por estes e desenvolveles neles as súas
actividades sen risco para a súa seguridade e saúde."
9.
"Os lugares de traballo deberán cumprir as disposicións do
anexo V canto a servizos hixiénicos e locais de descanso".
Anexo
1. Condicións de seguridade nos lugares de traballo
"As
vías e saídas de evacuación, así como as vías de circulación e
as portas que dean acceso a elas, axustaranse ao disposto na súa
normativa específica."
"En
caso de perigo, os traballadores, os traballadores deberán poder
evacuar todos os lugares de traballo rapidamente e en condicións de
máxima seguridade. As portas de emerxencia deberán abrirse cara ao
exterior e non deberán estar cerradas, de forma que calquera persoa
que necesite utilizalas en caso de urxencia poida abrilas facilmente
e inmediatamente."
Anexo
3. Condicións ambientais dos lugares de traballo.
"A
exposición ás condicións ambientais dos lugares de traballo non
debe supor un risco para a seguridade e a saúde dos traballadores.
Nos locais de traballo cerrados deberán cumprirse, en particular,
as seguintes condicións:
a)
A temperatura dos locais onde se realicen traballos sedentarios
propios de oficinas ou similares estará comprendida entre os 17 e
os 27 ºC.
A
humidade relativa estará comprendida entre o 30 e o 10 por 100,
agás nos locais onde existan riscos por electricidade estática
nos que o límite inferior será o 50 por 100"
"Anexo
4. Iluminación dos lugares de traballo.
"A
iluminación de cada zona ou parte dun lugar de traballo deberá
adaptarse ás características da actividade que se efectúe nela."
Anexo
5. Servicios hixiénicos e locais de descanso
"Os
luagres de traballo disporán de retretes, dotados de lavabos,
situados nas proximidades dos postos de traballo"
Real Decreto 488/1997 de 14 de abril sobre disposicións mínimas de
seguridade e saúde relativas ao traballo con equipos que inclúen
pantallas de visualización.

Ningún comentario:
Publicar un comentario