A convocatoria da praza para a Oficina de Turismo que se publicou no BOP nos pasados días ten diversas incorreccións que suporían irregularidade e que a CIG lle comunicou ao goberno municipal a semana pasada.
Unha das que consideramos máis graves, é así llo advertimos ao goberno, é que nos requisitos hai
unha clara contradición entre a titulación requirida e o grupo de
adscrición, posto que se o que se acredita é estar en posesión dun
título académico de formación profesional do Ciclo Superior o
posto de adscrición non podería ser do grupo 2, precisaría un
título universitario de grao, ou antiga diplomatura ou equivalente
para poder pertencer a ese grupo. En todo caso, correspondería ao
novo grupo B de funcionarios que na actualidade non existe para o
persoal laboral deste Concello. Esta adscrición a un grupo 2 cun
requerimento de titulación inferior ao necesario para o posto non só
vai na contra da lexislación vixente senón que supón un agravio
discriminatorio no caso de existir persoal ao que se lle requirise
esa titulación mais estea adscrito a un grupo inferior ao indicado
para este posto de traballo.
A titulación de acceso para un grupo 2 non é só que non poida ser un Ciclo Superior, senón que ao "subir" de categoría deste xeito a un posto de nova creación vai contra a lexislación vixente en materia de provisión de postos.
Deixámosvos o escrito rexistrado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario