Considera
un anuncio electoralista o incremento salarial do 1% para o persoal
das administracións e reclama aumentar o emprego público estábel
para garantir uns servizos calidade
Como
era de agardar, a reunión da Mesa Xeral de Negociacións das
Administracións Públicas celebrada esta tarde co Ministro Montoro
para tratar o Proxecto de Lei de Orzamentos 2016, resultou un simple
formalismo que o Goberno do PP aproveita para anunciar medidas con
fins electoralistas e de cara a manipular a opinión pública, pero
que no fondo supoñen "atrasar a recuperación dos
dereitos salariais e laborais usurpados ás traballadoras e
traballadores das administracións e afondar na destrución do
emprego e os servizos públicos".
Para
Área Pública da CIG (Ensino, Saúde e Administración) a proposta
trasladada polo ministro de incremento salarial do 1% para o vindeiro
ano resulta unha medida "electoralista" e "unha
esmola" tras anos de perdas de dereitos e salarios. Neste senso,
lembran que as políticas salariais até o ano 2015, conlevaron
que a perda do poder adquisitivo dos/as traballadores/as das
administracións públicas galegas se elevase a máis do 30% dende o
ano 2010.
A
paga extraordinaria, por etapas
En
canto ás pagas extraordinarias, o goberno do PP ten previsto abonar
ao longo deste ano outro 25% da paga de 2012, mais as empregadas e
empregados públicos terán que agardar até o próximo ano para
percibir o 50% da cantidade restante. Porén este pago tan só está
garantido para o persoal da administración xeral do Estado e,
segundo as informacións do ministro, as demais institucións
abonarán as cantidades adebedadas "en canto lles sexa posíbel".
De
igual xeito, tampouco se regula a recuperación das pagas recortadas
ao persoal da Xunta de Galiza. Sobre este punto, a CIG esixiu
garantías para que en Galiza as traballadoras e traballadores
públicos teñan a recuperación salarial do mesmo xeito que se
determine para o persoal da Administración Xeral do Estado.
Nesta
liña, na batería de reivindicacións presentadas pola CIG durante a
xuntanza, solicitouse que nos orzamentos estatais se recolla que as
pagas extraordinarias de todos os empregados/as públicos serán
completas, para obrigar a Xunta a repoñer a totalidade das pagas
extraordinarias de xuño e decembro “que dende o ano 2013 ven
roubando as súas empregadas e empregados públicos. De modo que,
dunha vez, se eliminen as discriminacións salariais que esta a
realizar a administración autonómica co seu persoal.
Taxa
de cobertura insuficiente
No
apartado das taxas de reposición, Montoro explicou que a taxa de
cobertura será do 100% nos servizos básicos (saúde, ensino ou
forzas de seguranza), mais quedará limitada ao 50% no resto dos
servizos das administracións.
Esta
medida resulta absolutamente insuficiente para a Área Pública da
CIG logo de sucesivos anos de destrución de emprego, polo que esixiu
ao Goberno que aumente o volume neto do emprego público estábel,
cunha forte dimensión social, eliminando as taxas de reposición,
mais tamén "impedindo os ERES, mesmo os encubertos, detendo a
amortización de prazas e realizando ofertas de emprego público que
garantan servizos públicos de calidade".
“É
preciso establecer plans de recuperacións para todos os servizos que
se encontran en situación de colapso e mesmo xa están
desaparecidos", advirte a Área Pública. "As taxas de
reposición e as ofertas de emprego público futuras teñen que
permitir recuperar os niveis mínimos de persoal que garantan os
servizos públicos a toda a cidadanía”.
Fronte
a estas propostas continuístas do PP, na Mesa de Negociacións
a CIG solicitou a recuperación dos dereitos laborais e salariais
substraídos, “así como a defensa e o reforzo duns servizos
públicos universais e de calidade, capaces de manter a cohesión
social”.
Montoro "humanízase"
antes de perder as eleccións
Como era de agardar, a
reunión da Mesa Xeral de Negociacións das Administracións Públicas
celebrada o día 30, na que a CIG estivo presente, co Ministro
Montoro para tratar o Proxecto de Lei de Orzamentos 2016, resultou un
simple formalismo que o Goberno do PP aproveita para anunciar medidas
con fins electoralistas e de cara a manipular a opinión pública,
pero que no fondo supoñen "atrasar a recuperación dos
dereitos salariais e laborais usurpados ás traballadoras e
traballadores das administracións e afondar na destrución do
emprego e os servizos públicos".
Para a CIG a proposta
trasladada polo ministro de incremento salarial do 1% para o vindeiro
ano resulta unha medida "electoralista" e "unha
esmola" tras anos de perdas de dereitos e salarios. Neste senso,
lembran que as políticas salariais até o ano 2015, conlevaron
que a perda do poder adquisitivo dos/as traballadores/as das
administracións públicas galegas se elevase a máis do 30% dende o
ano 2010.
A paga extraordinaria,
por etapas
En canto ás pagas
extraordinarias, o goberno do PP ten previsto abonar ao longo deste
ano outro 25% da paga de 2012, mais as empregadas e empregados
públicos terán que agardar até o próximo ano para percibir o 50%
da cantidade restante. Porén este pago tan só está garantido para
o persoal da administración xeral do Estado e, segundo as
informacións do ministro, as demais institucións abonarán as
cantidades adebedadas "en canto lles sexa posíbel".
De igual xeito, tampouco
se regula a recuperación das pagas recortadas ao persoal da Xunta de
Galiza. Sobre este punto, a CIG esixiu garantías para que en Galiza
as traballadoras e traballadores públicos teñan a recuperación
salarial do mesmo xeito que se determine para o persoal da
Administración Xeral do Estado.
Nesta liña, na batería
de reivindicacións presentadas pola CIG durante a xuntanza,
solicitouse que nos orzamentos estatais se recolla que as pagas
extraordinarias de todos os empregados/as públicos serán completas,
para obrigar a Xunta a repoñer a totalidade das pagas
extraordinarias de xuño e decembro “que dende o ano 2013 ven
roubando as súas empregadas e empregados públicos. De modo que,
dunha vez, se eliminen as discriminacións salariais que esta a
realizar a administración autonómica co seu persoal.
Taxa de cobertura
insuficiente
No apartado das taxas de
reposición, Montoro explicou que a taxa de cobertura será do 100%
nos servizos básicos (saúde, ensino ou forzas de seguranza), mais
quedará limitada ao 50% no resto dos servizos das administracións.
Esta medida resulta
absolutamente insuficiente para a CIG logo de sucesivos anos de
destrución de emprego, polo que esixiu ao Goberno que aumente o
volume neto do emprego público estábel, cunha forte dimensión
social, eliminando as taxas de reposición, mais tamén "impedindo
os ERES, mesmo os encubertos, detendo a amortización de prazas e
realizando ofertas de emprego público que garantan servizos públicos
de calidade".
Fronte a estas propostas
continuístas do PP, na Mesa de Negociacións a CIG solicitou a
recuperación dos dereitos laborais e salariais subtraídos, “así
como a defensa e o reforzo duns servizos públicos universais e de
calidade, capaces de manter a cohesión social”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario