Logo da aprobación do Decreto 10/2015 ao persoal da Admón estatal veñen de lle devolver unha serie de dereitos roubados logo da aprobación do Decreto 20/2012. Esta norma, publicada hai uns días abre a porta á negociación en cada Administración da devolución destes permisos mais con diferente casuística, no caso dos asuntos propios por antigüidade haberá que negociar a súa aplicación, no caso dos días de vacacións por antigüidade cada Administración poderá negociar non só a súa aplicación senón tamén os prazos para acadalos.
Ante este panorama a CIG solicitou que se convoque canto antes a Mesa Xeral de Negociación para negociar a aplicación no Concello de Betanzos a devolución dos días por asuntos propios e de vacacións por antigüidade contemplados nesta norma e recuperar estes dereitos que xa o Partido Popular nos roubou hai tres anos. Agardamos que nesa Mesa Xeral o Concello non poña problemas para a recuperación dos dereitos roubados polo goberno do Estado e que o mesmo goberno lles acaba de devolver aos traballadores da Administración estatal.
Con respecto a este tema e ante diversas preguntas que varios compañeiros e compañeiras nos teñen feito polas informacións inexactas que con respecto á aplicación desta norma están difundindo outros sindicatos reproducimos a seguinte nova dos compañeiros de CIG-Administración Autonómica que afonda e aclara o tema, coa salvedade de que aquí está pendente de negociar a aplicación do enriba mencionado:
Anda
CSIF repartindo unha nota desinformativa que nos está xerando centos
de chamadas e consultas para confirmar o que nela nos contan:
2.
LOS EMPLEADOS PÚBLICOS RECUPERAN DESDE EL SÁBADO TODOS LOS
MOSCOSOS, DÍAS LIBRES Y VACACIONES POR ANTIGÜEDAD
Despois
de felicitar a Feijoo e anotarse o tanto das esmolas do Partido
Popular e de Montoro grazas “as súas presións” (sic), din
que os empregados/as públicos/as recuperaremos dende o sábado todos
os moscosos, días libres e vacacións por antigüidade.
Pois
ben, resulta que non. Que na Galiza non aplicaron os suficientes
pascales de presión para que todo iso se faga efectivo ou que a
“presión” que aplicaron foi sobre eles mesmos e agora están
sometidos a un síndrome hiperbárico que lles produce alucinacións.
O
texto do Real Decreto-lei 10/2015 é claro e no seu artigo 2.2 que
engade unha disposición adicional décimo cuarta ao EBEP se
establece que: “As Administracións Públicas poderán establecer
ata dous días adicionais de permiso por asuntos particulares ao
cumprir o sexto trienio, incrementándose como máximo nun día
adicional por cada trienio cumprido a partires do oitavo”.
E
no seu artigo 2.3 que engade unha disposición adicional décimo
quinta ao EBEP se establece que: “As Administracións
Públicas poderán establecer ata un máximo de catro días
adicionais de vacacións en función do tempo de servizos prestados
polos funcionarios públicos”.
E
dicir que se establece de xeito potestativo para cada Administración
a posibilidade de ampliar os días adicionais de asuntos persoais e
os de vacacións.
E
o caso é que a Xunta se negou na Mesa Xeral do día 15 de setembro á
esixencia da CIG de non levantarse da mesa ata ter negociado a
recuperación dos días adicionais, xa que na Administración do
Estado entraron en vigor de xeito case inmediato.
Por
tanto, dando resposta a todas as consultas que nos estades facendo,
polo de agora os empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza só
temos 7 días (6 + 1 por sábado festivo) de asuntos persoais (e así
aparecen no PORTAX) e 22 días hábiles de vacacións ou parte
proporcional segundo o tempo traballado.
Isto
ata que se aproximen as eleccións do 20 de decembro e o Partido
Popular volva a ceder ás “presións” de CSIF para darnos un
regalo de Nadal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario