SAÚDE
O
último informe do Observatorio Español da Droga e as Toxicomanías
sobre consumo de sustancias psicoactivas no ámbito laboral en España
sinala que aínda fuman a diario un 34% dos traballadores, unha cifra
similar á de 2007, cando entraron en vigor as primeiras lexislacións
que restrinxiron o consumo e comezaron a realizarse este tipo de
estudos.
Fúmase
menos nos centros pero aínda se segue a fumar, aínda existe
un 12% de traballadores que seguen sendo fumadores pasivos, o que
revela que a norma se incumpre, polo menos, nunha de cada dez
ocasiones.
O
último traballo, publicado hai só uns días, recolle datos
referidos a 2013 e 2014 e as súas conclusións baséanse na análise
de case 15.300 enquisas.
A
sustancia que máis sinistralidade causa en España é o alcol, pero
a máis consumida, e quizais a que máis gasto sanitario provoque, é
o tabaco. Aínda fuman o 33,8% dos traballadores. A maioría dos
adictos son homes, con estudos primarios ou como moito secundarios e
sen parella. Os máis consumidores son os que realizan labores
manuais de tipo cualificado. Fuman un de cada dez membros deste
colectivo, nunha proporción lixeiramente superior á que se dá na
hostalería (36,6%). Curiosamente, directivos e profesionais liberais
son quen menos enganchados están (25,4%).
O
informe avoga pola implantación de medidas lexislativas que permitan
«manter e reforzar as intervencións orientadas ao consumo do tabaco
e, en concreto ao tabaquismo pasivo naqueles sectores que continúan
rexistrando cifras elevadas».
Os
médicos móstranse máis preocupados polas cifras que arroxa o
consumo de alcol. Un 11% dos traballadores enquisados recoñeceu que
nos últimos 30 días bebeu a diario algún tipo de bebida alcohólica
no seu lugar de traballo. E o que é peor: a enquisa advirte de que
un 5% da poboación laboral realiza «un consumo de alcol de risco».
Estes datos, cando menos, son preocupantes xa que o alcol causa
sinistros laborais moi graves e representa un desafío sanitario
maior que o do tabaco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario