O Xulgado do Penal número 1 de Almería condenou aos dous administradores a penas de seis meses de prisión e inhabilitación especial para o exercicio da profesión de empresario durante un ano e medio, pola morte dun traballador, que se atopaba limpando unha carretilla que permanecía elevada.
Os
procesados, S.C.M. e A.C.A., que mostraron conformidade durante o
xuízo, foron condenados como autores dun delito contra os dereitos
dos traballadores en relación con outro delito de homicidio
imprudente.
Os
feitos ocurriros o 14 de setembro de 2011, cando Iván D.N., de 31
anos, realizaba funcións de limpeza nun centro de traballo da
mercantil. O traballador, que non tiña contrato de traballo e non
estaba dado de alta na Seguridade Social, limpaba unha carretilla que
se atopaba elevada, cando "ante a deficiente colocación desta",
caeu sobre o traballador, ocasionándolle a morte "polo
esmagamento torácico xurdido".
A
sentenza subliña que a causa do accidente debeuse a que os
procesados, "non adoptaron as medidas de seguridade necesarias
que evitasen o accidente", como a formación adecuada do
traballador, "que non recibira ningunha formación".
Recalca á súa vez a "inadecuada maneira de elevar a carretilla
e suspendela, considerando que estaba sen rodas e puntos de fixación
seguros".
Ningún comentario:
Publicar un comentario