O Comité vén de solicitarlle ao Concello que continúe coa tramitación do novo convenio colectivo e que agarda que se axilice esta cuestión de cara á súa aprobación e entrada en vigor o antes posible, tendo en conta que o convenio vixente cumpre agora dez anos e está moi desfasado con respecto á lexislación laboral actual.
Por iso, lembroulle ao goberno municipal que desde o pasado 17 de novembro o Comité de Empresa está á
espera da convocatoria da Comisión Negociadora do convenio
colectivo, que leva desde marzo de 2015 coa tramitación deste novo texto e
entende que é prioritario que se continúen dando os pasos
oportunos para a publicación e entrada en vigor do novo convenio
colectivo do persoal laboral.
Finalmente, o Comité de Empresa instou ao Concello a que convoque canto antes a Comisión
Negociadora do convenio colectivo a fin de poder levalo canto antes
para a súa aprobación polo Pleno da Corporación, tal e como é
preceptivo, neste ano 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario