A telenovela que o Concello creou hai dous anos coa limpeza do aulario aínda non terminou. Logo de crear dúas prazas de limpeza do aulario no ano 2014, de xeito irregular, e á marxe da RPT, de despedir ás compañeiras en xuño de 2015 e de suplilas por unha traballadora dunha empresa privada. Agora incumpre o contrato dunha das traballadoras de substitución e destínaa a unha centro, o aulario, que non era o de traballo da persoa á que substitúe.
Demostra así esta Administración local que é unha experta en incumprir contratos e modificar condicións laborais especialmente nos casos en que os traballadores máis vulnerables non protestan, porque neste Concello parece que dependendo a que departamento pertenzas ou con quen fales para amañalo respéctanche as condicións laborais do posto correspondente á persoa que substitúes ou fan contigo o que lles peta.
O esperpéntico da situación é que hai pouco máis dun mes o Concello despediu á compañeira que limpaba no aulario e que mesmo tivo que solicitar a execución de sentenza porque o alcalde segue sen lle pagar a indemnización á que o xulgado lle obrigou; mais un mes despois destina a unha traballadora que suple nominativamente á compañeira que limpaba os edificios municipais (nun estado pésimo de mantemento da limpeza, por certo) e modifica por obra e graza do goberno municipal as súas condicións ao enviala para limpar o aulario logo de ter despedido á compañeira que o facía.
Meses despois das eleccións podemos dicir que as decisións en materia de persoal dun goberno á deriva son completamente incoherentes, incongruentes e seguen a vulnerar os dereitos laborais dos máis débiles en favor do que ao alcalde lle vén ben. Resulta lamentable que a pesar de que efectivamente e, grazas ao traballo sindical, se ten avanzado en aspectos como a igualación das retribucións das persoas que substitúen cos postos substituídos ou mesmo a información pública dos procesos selectivos outros seguen a ser vulnerados sen pudor ningún, como é o caso das condicións laborais, Non obstante isto non fai máis que enlear todo máis aínda porque abrir a porta a posibles reclamacións do persoal mesmo de susbtitución cando finalicen os contratos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario