Logo das últimas novas na web municipal que alardean da privatización do servizos municipais do seguinte xeito:
Betanzos, 23 de febreiro de 2016. O Concello pretende adecuar todas as zonas verdes e o contorno dos parques infantís. Para iso acaba de sacar a contratación o proxecto de mellora e conservación de zonas axardinadas e parques infantís do municipio, no rural e na zona urbana, en total máis dun trinta de espazos. Os traballos consisten na curta de herba e maleza con medios mecánicos e manuais e a retirada de restos a un vertedoiro controlado.
O prego recolle que as labores se executen, na zona urbana, dúas veces ao mes, de marzo a outubro, e cinco veces en total durante os meses de novembro a febreiro. Na zona rural realizarase unha vez ao mes.
En cada zona os traballos inclúen a eliminación tanto de restos de vexetación como refugallos; así como calquera outro tipo de vexetación que medre na superficie da zona pavimentada; recortes e podas de sebes na época precisa segundo o tipo de vexetación; retirada de follas e ramas e acondicionamento da área dos areeiros dos parques infantís, procedendo á súa limpeza e movemento, situados no Pasatempo, Pintor Seijo Rubio, Condesa e Alfonso IX.
Levará a cabo tamén o mantemento de 300 xardineiras de modelos varios e distribuídos por distintas zonas do centro urbano, os traballos consisten no mantemento na limpeza destas con eliminación tanto da vexetación de crecemento espontáneo, follas caídas, flores secas danadas, restos de recortes e podas e calquera outro elemento alleo á xardineira, conservación das plantas existentes, abonado dúas veces ao ano, labores de poda, e substitución das plantas danadas.
O proxecto tamén inclúe o mantemento das rotondas que contan con zona axardinada como a das Cascas e a de Cal das Barras. Nestas zonas realizaranse catro veces ao ano os traballos coa limpeza e eliminación de vexetación e a reposición, dúas veces ao ano, das plantas, renovándoas ou resementando zonas que perderan ou minguaran súas características ornamentais.
Tamén se inclúe o mantemento dos sebes do Pasatempo, tres veces ao ano, realizándose podas en forma e época precisa.
O orzamento dos traballos ascende a 86 607 euros.
O Comité de Empresa solicitou, por iniciativa da CIG, unha reunión co concelleiro de Persoal o pasado 1 de marzo para solicitar información con respecto ás novas da privatización da xardinaría e as súas consecuencias para o persoal desta Administración, debido a que non só o Concello conta na Relación de Postos de Traballo con varias prazas de xardineiro e mesmo algúns traballadores do anterior GRUMIR levan facendo as devanditas funcións desde a súa readmisión.
Desde a CIG queremos denunciar a alarmante situación de desmantelamento dos servizos públicos que o Concello de Betanzos leva anos levando a cabo e a progresiva privatización que non só encarece os servizos básicos senón que malgasta os cartos de todos os veciños e veciñas. Nos últimos cinco anos esta privatización afectou á limpeza municipal, posto a limpeza dos edificios municipais segue en mans dunha empresa privada a pesar dos acordos plenarios, tamén á xardinaría e mantementos, en momentos puntuais á limpeza de rúas, pasando polo servizos de obras que na actualidade está practicamente desmantelado e mesmo a asesoría externas para a negociación dun convenio que ben puido ser negociado sen mediación de axentes externos.
O Concello ten a obriga de informar ao Comité de Empresa de calquera tipo de externalización de servizos, non obstante, os delegados sindicais saben das privatizacións polos alardes públicos que a Administración local fai delas na páxina web municipal. Porque se a privatización é grave aínda é máis grave que na mentalidade do goberno socialista se venda como un logro e mesmo estean orgullosos de gastar unha chea de cartos públicos cos que se poderían contratar traballadores, cubrir baixas, sacar Ofertas de Emprego Público e un longo etcétera no canto de dilapidalos en empresas privadas que o que buscan é o seu propio beneficio, porque O PÚBLICO É SERVIZO E O PRIVADO BENEFICIO!
A día de hoxe, 11 de marzo, seguimos á espera de ser convocados para que o Concello nos aclare información con respecto a esta situación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario