Esta semana o Comité de Empresa rexistrou diversas solicitudes relacionadas con diversos temas como as horas extraordinarias, que o Concello leva meses sen lle entregar a documentación aos representantes dos traballadores.
O Comité de Empresa lembroulle ao Concello que ten pendente de lle entregar a relación de
horas extras correspondente aos meses de novembro e decembro de 2015
e xaneiro e febreiro de 2016, xa solicitudas en diversas ocasións
por rexistro e solicitoulle que lle entregue con puntualidade ao Comité de Empresa a
información relativa ás horas extraordinarias, de xeito mensual,
tal e como recolle o informe do asesor xurídico do propio Concello
que se debe realizar.
Ademais, solicitoulle unha relación co
importe das horas extras de todo o persoal laboral do Concello de
Betanzos, debido a que as horas extras se cobran segundo o salario e
en ningún documento público está reflectida os euros/hora de cada
un dos postos de traballo e que se especifiquen os criterios de pagamento de gratificacións ou
horas extraordinarias, toda vez que o concepto gratificacións para
o pagamento da realización de traballos extraordinarios non vén
definido no convenio colectivo en vigor como tal e podería estarse
dando unha interpretación unilateral do convenio colectivo que
debería ser interpretado pola Comisión Paritaria Mixta de
seguimento do Convenio, ademais dunha discriminación á hora de
realizar o pagamento das horas extraordinarias entre o persoal
laboral.
Temos constancia de horas extraordinarias realizadas, coma sempre, polo persoal laboral mais o Concello non dá achegado nin esta documentación nin a correspondente ás horas extras do persoal funcionario, que a CIG solicitará de novo por escrito e valorará reclamar por outras vías no caso de que o goberno municipal siga facendo caso omiso ás súas reclamacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario