O Concello de Betanzos vén de publicar na web o anuncio para a contratacións de 7 peóns. O prazo para presentar as solicitudes é de 5 días desde a súa publicación. Con esta convocatoria non só incumpre as única bases de contratación publicadas no Boletín Oficial da Provincia en 2013 senón que mesmo van a contracorrente do que se vén de negociar na Mesa Xeral hai uns días para a creación dunha bolsa de emprego para diferentes postos de traballo. Por estes motivos nos vindeiros días a CIG achegará as súas alegacións e solicitaralle ao Concello que adecúa as bases para adaptalas ás normas e regulamentos vixentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario