Resulta
habitual considerar o absentismo laboral atendendo exclusivamente á
incapacidade laboral transitoria do/a traballador/a, sen ter en conta
que, segundo a definición de absentismo da RAE, este termo conleva
un compoñente de voluntariedade; é decir que o/a absentista é
aquel que se ausenta por vontade propia. Considerar calquera ausencia
do traballo, xustificada ou non, como absentismo laboral, supón unha
interesada distorsión da realidade laboral e das estatísticas, a
fin de cargar contra o/a traballador/a. Así mesmo a análise que
sobre o absentismo se realiza por parte dos diferentes estados,
sectores produtivos ou institucións, carece dunha metodoloxía única
e dunha estandarización de parámetros a medir, o que fai que as
estatísticas sexan imposibles de comparar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario