Sentenza
No
mes de febreiro entraron en vigor no Reino Unido novas directrices
para os xuíces, referidas ás sentenzas que teñen que ver con temas
de saúde e seguridade. A partires de agora os xuíces (no Reino
Unido non hai sancións administrativas), deberán estabelecer as
multas non só en función do dano real ou potencial causado, senón
tamén tendo en conta a capacidade económica da empresa, algo que
antes se facía nalgúns casos de motu propio, pero que agora pasa a
ser obrigatorio. Polo momento o resultado está a ser un aluvión de
importantes sancións para as grandes empresas.
Noutros
países este tipo de sancións preocupan pouco ás grandes empresas
pois os importes das multas, aínda que poden afundir a pequenas
empresas, non lles supoñen un quebranto económico.
Un
exemplo deste novo xeito de ditar sentenza no Reino Unido pode ser o
caso da construtora Balfour Beatty, multada con 2,6 millóns de
libras (uns 3 millóns de euros) tras a morte dun empregado dunha
subcontrata no colapso dunha gabia de 2,4 metros de profundidade sen
ningunha clase de medida preventiva. Ou a multinacional McCain,
(produce alimentos conxelados) que foi multada con 800.000 libras (ao
redor dun millón de euros) por un accidente no que un dos seus
empregados sufriu o atrapamiento dun brazo nunha máquina mal
protexida, accidente que limitou a mobilidade da man do traballador;
no xuízo demostrouse que a avaliación de riscos realizada pola
empresa non contemplara a posibilidade do accidente que ocorreu. No
exercicio anterior a empresa tivera un beneficio antes de impostos de
63,7 millóns de libras.
A
empresa adicada á reparación de pneumáticos, Watling Tyre Service
Limited, foi multada cun millón de libras despois de que un
traballador de 21 anos morrese debido á explosión dun pneumático
que estaba a reparar. O traballador era un autónomo contratado para
facer o traballo, que non contaba nin coas ferramentas nin coa
formación necesaria para realizar o traballo que se lle encargou.
A
central térmica Scottish Power, foi condeada a pagar 1,75
millóns de libras (algo máis de dous millóns de euros) polo
accidente dun traballador, que sufre graves secuelas tras a fuga de
auga quente producida nunha válvula defectuosa. As autoridades
cualificaron de desastroso o estado da seguridade da planta, que
actualmente atopase pechada. A multa, incialmente fixada en 2,5
millóns de libras foi rebaixada á cifra citada porque a empresa
aceptou desde un principio a súa culpabilidade. Á sanción
administrativa debe engadirse unha indemnización «substancial» que
a empresa abonou ao empregado, así como as costas, entre o 5 e o 10%
da multa.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario