GABINETE TÉCNICO
CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
O primeiro semestre deste
ano 2016, devolve a Galiza ao primeiro posto de sinistralidade
laboral no Estado Español, alcanzando un índice de incidencia de
accidentes laborais con resultado de morte (nº de accidentes cada
100.000 traballadores/as en activo) que alcanza os 0,519 puntos
fronte aos 0,259 da media estatal, isto é un índice de incidencia
que nos indica que neste 1º semestre do ano, proporcionalmente
morreron na Galiza por accidente laboral o dobre de traballadores/as
que a media do conxunto do Estado.
O sumario deste número
conta co artigo "Accidentes laborais no conxunto do Estado
e na Galiza" baixo o epígrafe Análise - Opinión.
O epígrafe Información
técnica acolle o documento "^Primeiros auxilios en resucitación
cardio pulmonar(RCP) e principios para o emprego do desfibrilador"
No apartado A fondo
atopamos o artigo "Os/as traballadores/as do Estado español
entre os menos absentistas de Europa"
Rematamos este número do
boletín con dous artigos incluídos baixo o epígrafe Sabías
que...? : "Novo regulamento europeo sobre equipos de protección
individual" e "Os accidentes cardiovasculares configúranse
como primeira causa de morte no traballo" .
Ningún comentario:
Publicar un comentario