Logo dun período de un
paulatino descenso da sinistralidade laboral, no ano 2015 esta
alcanza niveis de incidencia similares aos experimentados no ano
2011. A Fiscalía Xeral do Estado na memoria doLogo último
exercicio presentada no mes de setembro, indica que o número de
traballadores/as mortos a causa de accidentes laborais, incrementouse
no ano 2015 nun 10,1% respecto do ano 2014, pasando de 454 a 500
traballadores/as falecidos/as.
Mentres que no ano 2014
fondamentalmente incrementáronse as cifras de accidentes mortais e
leves, manténdose o promedio de accidentes graves, no ano 2015 os
accidentes graves experimentaron un notable aumento de 124
traballadores/as accidentados, acandándose nesta categoría a cifra
total de 3.358 lesionados/as de gravidade. No que atinxe aos
accidentes leves estes incrementáronse en 31.676 traballadores/as,
ata acadar a cifra de 445.365.
Aínda que no lustro
(2011-2016) a sinistralidade laboral tense reducido nun 11,86%,
segundo sinala a propia Fiscalía, ista é unha diminución enganosa
en relación ao futuro, xa que no lustro 2009-2013 a diminución foi
algo superior ao 30% e a do 2010-2014 algo superior ao 25%.
En relación as
dilixencias de investigación, no ano 2015 a Fiscalía incoou un
total de 854 dilixencias fronte ás 938 incoadas no ano
2014, un 8,95% menos que no ano anterior; ditándose 631 sentenzas
menos polos xulgados do penal que no ano 2014 en relación a esta
temática.
Finalmente a Fiscalía
considera necesaria unha maior autonomía da Unidade especializada de
sinistralidade laboral respecto das xefaturas provinciais e de área,
o que permitiría unha maior unidade na aplicación da doutrina sobre
estes delitos, mellorando en orientación e claridade xurídica para
unha máis efectiva e eficaz aplicación da norma.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario