Logo
de que o Comité de Empresa decidise dar un paso máis nas
reclamacións para facer efectiva a entrada en vigor do Convenio
colectivo que asinou o 20 de xuño co alcalde, o pasado 29 de
novembro o Pleno da corporación aprobou por unanimidade a proposta
enviada polo Comité de Empresa e que podedes ver en
www.cigconcellobetanzos.blogspot.com.
Igualmente, nese mesmo pleno o goberno municipal informou de que o
texto do convenio colectivo irá ao pleno ordinario do mes de
decembro e que para ese momento estarán xa os informes da
Intervención e a Secretaría municipal.
O
Comité de Empresa decidiu falar cos partidos da oposición (PP, BN,
BNG e CxG) para intentar dar un paso máis e conseguir máis apoios
para que o goberno municipal continúe coa tramitación do convenio
colectivo.
Esta moción envióuselle a todos os partidos con
representación no Concello de Betanzos agás ao goberno municipal,
entendendo que as vías de diálogo con respecto a este tema estaban
esgotadas toda vez que a escusa era a mesma sempre e non se vían
avances en cinco meses e logo de cinco longos anos de negociación
dun novo convenio colectivo. Os catro partidos da oposición
amosaron o seu apoio á demandas dos traballadores e presentaron por
rexistro unha moción conxunta para o pleno ordinario de novembro.
Os
acordos foron estes:
|
1.
Instar ao goberno local a finalizar a tramitación do expediente
do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos,
asinado o pasado 20 de xuño de 2016.
|
2.
Someter coa maior brevidade posible á consideración plenaria o
novo texto do Convenio colectivo acordado cos representantes dos
traballadores laborais na Comisión Negociadora que tivo lugar o
pasado 20 de xuño de 2016.
|
|
3.
Axilizar a tramitación que corresponda nos organismos
pertinentes, logo do seu sometemento á aprobación plenaria.
|
4.
Facultar á Alcaldía, ou concelleiro/a en quen delegue, a adoptar
as medidas precisas para cumprir estes acordos.
|
A
representación do Comité de Empresa agradeceulle aos catro partidos
da oposición o seu apoio e transmitiulle a súa satisfacción polo
acordo porque
considera que o apoio conxunto dos partidos da oposición demostra
que este tema, así como outros laborais deste Concello, teñen un
consenso na necesidade de solucións a problemas históricos e
mellora de determinadas situacións existentes.
Podedes ouvir as intervencións do pleno con relación a esta moción aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario